star
CULTURA
A falta de medios pon en perigo o patrimonio teatral galego na emigración
29/maio/24
O proxecto 'Recuperación do patrimonio teatral de Galiza (1936-1973). Emigración, exilio e resistencia interior' da Universidade da Coruña dará a coñecer os seus achados nun simposio que comeza mañá. O equipo de investigación abre ao público, ademais, unha base de datos con toda a documentación.
INTERNACIONAL
VÍDEO | O ex presidente do Uruguai Pepe Mujica anuncia que padece de cancro
29/abr./24
Mujica, de 88 anos, sinalou que esa situación, da súa enfermidade inmunolóxica, xéralle "obvias dificultades" para encarar un tratamento de quimioterapia ou cirurxía. Con todo, indicou que "todo iso están a avalialo os galenos, facendo análises celulares", para ver "como segue esta historia".
POLÍTICA
Ana Miranda traslada a Pepe Mujica o agradecemento polo seu apoio ao BNG
25/mar./24
A eurodeputada do BNG foi recibida polo ex presidente uruguaio e a ex vicepresidenta Lucía Topolansky
INTERNACIONAL
Ana Miranda urxe "recuperar e protexer" o panteón da Casa da Galiza en Montevideo
23/mar./24
A eurodeputada do BNG defende "que se teñan en conta" as reivindicacións da colectividade galega da Arxentina e Uruguai.
CULTURA
Marta Pazos volve a Lorca en Uruguai
18/mar./24
A directora de escena e artista plástica presenta, do 21 de marzo ao 21 de abril, no Teatro Solís de Montevideo, o seu novo espectáculo, a peza máis experimental e arriscada do poeta e dramaturgo granadino, considerado un dos grandes clásicos. das vangardas históricas do teatro.
18-F | Vídeo
O ex presidente uruguaio Pepe Mujica chama a apoiar o BNG: "O devir político da Galiza é parte do noso propio acontecer"
09/feb./24
"Pedímoslle a toda a xente afín que apoie con calor, non só co voto, senón co corazón, este desafío que ten Galiza", di o ex mandatario.
SOCIAL
A Xunta cancelou a misión para salvar a Casa da Galiza en Uruguai: "Nunca nos deron explicacións"
01/feb./24
O anterior presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, así como o actual, Alfonso Rueda, son acusados de permanecer en "silencio" ante as dificultades pasadas e presentes da Casa da Galiza no Uruguai, as cales levaron ao fechamento da entidade mutualista da emigración galega, nunha situación que está a ser revisada pola Xustiza uruguaia. Desde o centro tamén critican que a Xunta cancelou unha misión que podería ter sido "esencial" para salvar a institución do seu fechamento.
star
INTERNACIONAL
O planeta elixe rumbo: as chaves das eleccións convocadas en 76 Estados para 2024
31/dec./23
Os territorios nos que reside case a metade da poboación mundial están convocados a votar este ano, cando o pobo estadounidense elixe de forma previsíbel entre Trump ou Biden ou o luso determina se a ultradereita volve ao Goberno medio século despois da fin da ditadura.
star
Reportaxes
Uruguai, o país das 40.000 galegas e galegos na 'Suíza' da América do Sur
08/dec./23
Uruguai é un dos grandes descoñecidos da América do Sur, malia ser o destino de miles de galegos e galegas que emigraron no século pasado para buscar un futuro mellor. Ten unha limitación de espazo e unha escasa poboación, pero é un país rico no sector primario, moderno e cunha estabilidade económica e social que para si quererían moitos dos seus veciños. Agora trata de facerse un oco no apartado turístico.
CULTURA
"A Santa" de Asorei xa pode verse no museo Zorrilla de Montevideo
31/out./23
A decisión de deixala alá debeuse, segundo o Director Xeral de Cultura, a que "forma parte do patrimonio dos galegos que están en Uruguai".
CULTURA
A ‘Santa’ de Asorei ficará de maneira permanente en Montevideo
29/xuño/23
A decisión de deixala alá debeuse a que "forma parte do patrimonio dos galegos que están en Uruguai"
star
Cara ao 23-X
69% de votantes CERA para as eleccións do 23 de xullo nunca viviron na Galiza
02/xuño/23
As persoas inscritas no Censo electoral de españois residentes-ausentes que viven no estranxeiro (CERA) representan 17,5% do corpo electoral galego, alcanzando en circunscricións como Ourense 28,7%. Só 31% do total das cidadás e cidadáns inscritos no CERA naceron na Galiza.
Agora
O AECT Rio Minho participa en Uruguai na creación dunha rede de concas hidrográficas transfronteirizas
03/maio/23
O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho está a participar en Paysandú (Uruguai) nun encontro internacional no cal se formalizará a ‘Rede eurolatinoamericana para a gobernanza transfronteiriza de concas hidrográficas’, unha entidade que pretende facilitar o intercambio de coñecementos e favorecer a cooperación. O deputado de Cooperación Transfronteiriza na Deputación de Pontevedra e director do AECT Uxío Benítez, participou na xornada inaugural en liña.
Efeméride
Galiza 3-2 Uruguai: 17 anos do regreso da Irmandiña
29/dec./22
O 29 de decembro de 2005, tal día como hoxe, a selección galega puña fin a sete décadas de ostracismo cunha vitoria en San Lázaro fronte ao combinado uruguaio.
POLÍTICA
Unanimidade no Parlamento para instar Uruguai a garantir a "protección e integridade" da Casa da Galiza
20/abr./22
A consecuencia do fechamento da entidade pola débeda que arrastra, as 50.000 persoas socias serán derivadas a outros centros sanitarios do país. BNG e PSdeG critican a "pasividade" da Xunta ante esta situación "mentres destina 19.000 euros a instalar un cruceiro en Miami".
Unha nova asociación velará polo patrimonio cultural da entidade uruguaia
A Xunta desenténdese do legado histórico da Casa de Galiza de Montevideo
08/abr./22
O recente feche da Casa de Galiza de Montevideo e as incógnitas que rodean o futuro do seu patrimonio devolven á actualidade a inacción da Xunta á hora de defender o legado cultural da diáspora. O destino incerto dunha obra tan emblemática como 'A Santa' de Asorey, é un exemplo da desprotección e o abandono.
SOCIAL
Casa da Galiza: Do esplendor da sede do Goberno galego ao ocaso
10/feb./22
Nesta terza feira, aprobouse o proxecto de lei que faculta o Executivo a determinar a prestación da asistencia social ás persoas usuarias da Casa da Galiza de Montevideo de forma integrada no sistema sanitario uruguaio. A representante do BNG, Ana Miranda, mostrou a súa solidariedade após unha decisión que afonda na incerteza de persoas usuarias e persoal laboral.
INTERNACIONAL
Incerteza polo futuro de 1.300 traballadoras e traballadores da Casa da Galiza de Uruguai
02/xan./22
Tras o anuncio do Ministerio de Saúde Pública (MSP) de Uruguai de intervir esta institución galega, coa incerteza da perda de 1.300 postos de traballo, o Partido Comunista de Uruguai reclama ao Goberno que non o feche e solucione a súa situación laboral. O Partido Comunista de Uruguai (PCU) emitiu un comunicado de apoio.