violencia machista

Rosario Hernández "A Calesa, moza violada e asasinada aos 20 anos, após o golpe fascista de 1936
MEMORIA E HISTORIA

As galegas violadas polo franquismo

A violación é a forma máis caracterizada do que coñecemos como a “represión de xénero” ou a “represión sexuada”. Violábase nos cárceres, nos campos de concentración, nos centros da Falanxe, nas casas das vítimas e violábase calquera muller de compromiso ou práctica democrática.

Violencia machista
Novo asasinato machista

Novo crime machista, desta volta nun concello de Cáceres

A vítima, de 42 anos e natural de Villabona (Gipuzkoa), foi asasinada na localidade cacereña de Arroyo de la Luz, onde vivía coas súas fillas e o seu marido, presunto autor do crime. Con ela, son xa 36 as vítimas por violencia machista no que vai de ano no estado español.

Ana Pontón. Acto na Coruña contra o feche do xulgado de violencia sobre a muller. 24 de agosto de 2017.
SOCIAL

Pontón asina contra o feche en agosto do xulgado coruñés de violencia sobre a muller

Para a líder do BNG, é "inconcebíbel" que non haxa unha xuíza substituta para manter aberto o xulgado de violencia sobre as mulleres da Coruña durante o mes de agosto. Pontón participou esta quinta feira na campaña de recolla de asinaturas posta en marcha pola formación nacionalista contra o encerramento.

Mobilización contra a violencia machista
Esta cuarta feira 23 de agosto

A Marcha convoca concentracións contra a violencia machista

A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións polo feminismo e en repulsa da violencia machista en diversas localidades galegas.

coruña violencia machista
Detido o presunto autor do feminicidio

Claros indicios de novo asasinato machista nun crime na Coruña

Matou a súa sogra, de 73 anos, e con posterioridade deuse á fuga coa súa filla pequena, de apenas 21 meses. O crime teríase perpetrado na madrugada desta segunda feira, no bairro coruñés de Monte Alto. O presunto autor do feminicidio acabou por ser detido pola Garda Civil no concello de Culleredo. O Concello da Coruña convoca unha concentración de repulsa do crime esta terza feira.

4670812679_e9dd2cb85a_z
Recortes

“Situacións de total precariedade” para loitar contra a violencia machista nos xulgados

“Non está xustificado un recorte coma este, é facernos traballar en situacións de total precariedade”. Esta é a opinión de Pilar Fernández, fiscal especializada en violencia machista, sobre a falta de substituta ou substituto do xuíz titular desta sección nos xulgados da Coruña. A funcionaria responsabiliza a Xunta de falta de compromiso político na loita contra esta problemática estrutural.

[Imaxe: BNG_comarcaAC] Concentración do BNG diante dos xulgados da Coruña
IGUALDADE

O BNG ve “inasumíbel” a falta de xuíza substituta para a violencia machista na Coruña

“O machismo non colle vacacións”. Así de contundente se amosa a deputada do BNG Noa Presas, que na mañá da cuarta feira participou nunha concentración convocada pola forza nacionalista ao pé dos xulgados da Coruña para reclamar unha ou un xuíz substituto especialista en violencia machista.

[Imaxe: Turismo.gal] Interior dos Xulgados da Coruña
Xustiza non substitúe o xuíz

O Xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña, de vacacións

A decisión do Ministerio de Xustiza de non substituír o xuíz titular de Violencia sobre a Muller do Xulgado da Coruña provocou nos últimos días a suspensión de até oito xuízos.

violenciamachista
SOCIAL

Acoitelada perto da Comisaría de Compostela polo seu ex-compañeiro

A pesar da alerta por coronavirus, Feixoo convoca oposicións ao corpo de profesorado para o 20 de xuño
SOCIAL

CIG critica a utilización dun texto que describe unha violación nas oposicións de inglés da ESO

Denuncian o uso ‘descontextualizado’ dun extracto de ‘Santuario’, de William Faulkner. “É unha auténtica provocación empregar esta obra de Faulkner nun exercicio destas características”.

Unha muller de 55 anos

Nova vítima da violencia machista en Madrid

Unha muller de 55 anos foi asasinada na noite do sábado presuntamente a mans do seu home, de 62 anos, que se atopa detido.

#SG245: É violencia machista

O caso do neno asasinado polo pai en Oza-Cesuras esta fin de semana non é un parricidio, por moito que os medios de comunicación insistan na palabra.

violenciamachista
Javier, de 11 anos

O feminismo convoca concentracións contra o último asasinato machista

A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en distintos puntos do país esta quinta feira, 11 de maio, baixo o lema “O machismo mata!” polo asasinato de Javier, de 11 anos, a última vítima da violencia de xénero.

coruña violencia machista
SOCIAL

Minuto de silencio por Javier, de 11 anos, última vítima da violencia machista

O pai está detido como presunto autor do asasinato do seu propio fillo en Oza-Cesuras. En 2008 fora condenado a non se achegar á súa ex-muller e en 2013 ela denunciouno por ameazas.

Viver num thriller psicológico

Aula
Xornadas da muller

A CIG-Ensino e a AS-PG chaman a previr a violencia machista desde as aulas

A CIG-Ensino e a AS-PG dedican as XIV Xornadas da Muller á prevención da violencia machista desde a educación. Terán lugar este sábado, 11 de marzo, no IES As Fontiñas, en Compostela.

paz filgueira
Paz Filgueira, xuíza do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo

"Hai un só garda custodio para entre 40 e 70 vítimas de violencia de xénero"

Paz Filgueira é a xuíza titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo. Polo seu despacho pasaron no último ano máis de 1.250 mulleres, máis de tres ao día, e só no partido xudicial de Vigo (a propia cidade –que representa o 85% dos casos-, Nigrán, Baiona e Gondomar). Conversamos con ela sobre violencia machista no Sermos Galiza 236. Eis un extracto da entrevista.

Violencia institucional, violencia simbólica

Ana Pontón: "Que pasaría se en lugar de mulleres asasinasen 15 deputad@s en dous meses?"
SOCIAL

Ana Pontón: "Que pasaría se en lugar de mulleres asasinasen 15 deputad@s en dous meses?"

O BNG apresenta unha batería de medidas urxentes para combater a vaga de novos feminicidios producida nos primeiros dous meses de 2017.
ANAPONTON RP1
Ana Pontón propón medidas urxentes face a escalada de feminicidios

"Que pasaría se en lugar de mulleres asasinasen 15 deputad@s en dous meses?"

15 mulleres asasinadas no que vai de ano, 2 delas na Galiza. Máis que suficiente para despregar unha completa batería de medidas contra os feminicidios, afirma Ana Pontón, que realizou esta segunda feira unha conferencia de imprensa monográfica sobre o asunto. Denunciou que, en incumprimento da lei, a Xunta aínda non convocou as axudas do salario da liberdade.