vivenda

Panorámica da cidade da Coruña. (Foto: Arxina)
ECONOMÍA

Unha de cada catro persoas ten dificultades para asumir os gastos da vivenda, cuxo prezo segue á alza

O informe 'Fogares fronte á alza da vivenda' recolle que até 86% dos galegos e galegas é "pesimista" e cre que en 2023 seguirán a subir os prezos, que provocan a renuncia a realizar arranxos na vivenda ou o intento de reducir a factura enerxética.
Galiza marca máximos no prezo do aluguer (Foto: Arxina).
POLÍTICA

O Congreso debaterá a tramitación dunha lei para limitar o prezo dos alugueres en zonas tensionadas

De aprobarse o texto legal, os Gobernos autonómicos serán os responsábeis de tomar as medidas precisas para limitar os prezos.
Das corenta e dúas vivendas da urbanización, só seis permanecen habitadas. (Foto: Mariano Igrexas)
SOCIAL

Veciñanza de Vigo denuncia doce anos de acoso da Sareb

Residentes da rúa Privada Moderna exixen dereito a unha vivenda digna.
Un edificio en construción na Galiza. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

As vivendas 'contaminadas' aumentaron en 25% na Galiza

11,9% das vivendas galegas atópanse nunha entorna con problemas de contaminación ou outras problemáticas ambientais, porcentaxe superior en case tres puntos ás que estaban nesa situación hai algo máis dunha década (2011). Un incremento de 25% que recolle o Instituto Nacional de Estatística (INE) e que chega en pleno debate sobre a mudanza de normas de habitabilidade para facer de baixos comerciais baleiros vivendas.

Núcleo de vivendas na Coruña. (Foto: Álvaro BAllesteros / Europa Press).
ECONOMÍA

As hipotecas sobre vivenda marcan en 2022 o seu máximo en 10 anos

A Galiza foi a décima autonomía en novos préstamos.
Reunión esta quinta feira do Consello da Xunta (Foto: Xunta da Galiza).
ECONOMÍA

A Xunta mudará requisitos de habitabilidade para permitir que baixos comerciais sexan vivendas

A Xunta aprobou iniciar a modificación da súa propia normativa de habitabilidade para permitir que nas cidades galegas os baixos comerciais baleiros poidan habilitarse como vivendas de aluguer. Unha fórmula que permitirá, segundo Alfonso Rueda, pór máis vivenda no mercado e acabar coa "degradación" urbana.
Espazo interior en diagonal cara ás vistas. (Foto: Héctor Santos-Díez)
star
Reportaxes

MAM, estratexias

Detrás das letras de MAM atópase Pablo Menéndez, un arquitecto que ten demostrado unha gran capacidade de adaptación. O estudio que dirixe caracterízase pola diversidade de tipos, escalas e contextos de obras que desenvolve. Fan dende o deseño do detalle ao plan urbano. O fío que as une a todas é a estratexia.
33,8% das vivendas galegas están pagadas na súa totalidade. (Foto: Arxina)
SOCIAL

Unha de cada dez vivendas rexistradas na Galiza figura en réxime de aluguer

O gasto medio en hipotecas en 2021 foi de 404,39 euros mensuais.
Edificios residenciais na rúa do Hórreo de Santiago. (Foto: Arxina)
ECONOMÍA

GRÁFICOS | Canto custa unha vivenda alugada? E canto se paga de hipoteca? O mercado inmobiliario galego, en datos

O INE publica a Enquisa de Características Esenciais da Poboación e Vivendas, con datos de 2021.
O tipo de xuro das novas hipotecas alcanzou 3,345% en xaneiro (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

O tipo de xuro das novas hipotecas creceu 125% nos últimos 12 meses

Os préstamos alcanzan as taxas máis altas en 10 anos.
#mascota #can #cans #casa #piso #vivenda (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

"Non se aceptan mascotas": só tres de cada 100 contratos de alugueiro permiten animais domésticos

Na Galiza hai o dobre de mascotas que mozos e mozas menores de 18 anos.
Un edificio en construción na Galiza. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

Unha operación por cada 100 habitantes: medra a compravenda de vivendas, a maioría libres e de segunda man

En 2022 efectuáronse un total de 21.527 operacións, o que supón un incremento de 8,6%, seis puntos menos que a media estatal.
Edificios residenciais na rúa do Hórreo de Santiago. (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Compostela limita a apertura de novas vivendas turísticas a plantas baixas ou primeiros pisos

Propietarios de vivendas de uso turístico protestan contra unha norma que, afirman, "finiquita" os pequenos donos en favor dos grandes.
Compartir un piso na Galiza custa unha media de 283 euros ao mes de media. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A Galiza precisa 180.566 vivendas dirixidas ao aluguer para igualar os datos da UE

O país conta con 340.000 inmóbeis baleiros segundo datos da Fegein
Panorámica da cidade da Coruña. (Foto: Arxina)
ECONOMÍA

O alugueiro na Galiza: soben os prezos, cae a oferta e faltan máis de 180.000 vivendas para igualarse a Europa

Galiza é un dos territorios do Estado que máis precisa incrementar a súa oferta de vivendas en réxime de alugueiro, segundo un estudo.
A decisión de emigrar ten que ver coas probabilidades dun emprego decente e de poder independizarse nunha vivenda. (Foto: Alphaspiri)
star
Análise

Non é país para xente moza

Albino Prada é investigador de Ecobas. Ensaísta, membro do Consello Científico de Attac.
O metro cadrado en aluguer acadou en xaneiro 8,08 euros na Galiza (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

O prezo do aluguer na Galiza marca o seu prezo histórico máximo

Vigo lidera a porcentaxe de solo reservado para vivenda protexida.
Varias persoas camiñan por diante da sede de Abanca na cidade da Coruña. (Foto: Nós Diario)
star
ECONOMÍA

A banca debe 969 millóns por cobros ilegais nas hipotecas asinadas na Galiza

A Asociación de consumidores e usuarios de bancos, caixas, produtos financeiros e de seguros (Adicae) denuncia que o sector financeiro debe 969 millóns de euros á cidadanía galega polo cobro de cláusulas solo e de gastos pola formalización de hipotecas.

Quen vive aí?

'Culpabilizando a mocidade', por Casto Magalláns