vivenda

Rolda de prensa tras o Consello de Ministras e Ministros de onte con Félix Bolaños (Presidencia) e Isabel Rodríguez (voceira). (Foto: R.Rubio.POOL / Europa Press)
INTERNACIONAL

O Goberno estatal compromete a construción de 20.000 vivendas destinadas ao alugueiro social

Rescate de 241 millóns de euros para a empresa hoteleira Hotusa, que organizou o Foro La Toja, nun Consello de Ministras e Ministros no que se deu luz verde a un investimento de máis de 5.000 millóns de euros en rehabilitación de edificios e vivenda social.
Representantes das forzas políticas e movementos sociais que impulsan unha nova Lei de vivenda, onte no Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
INTERNACIONAL

Rexistran no Congreso unha lei para evitar que ningunha persoa quede sen vivenda

Fixaría un tope ao alugueiro nas zonas con subas desproporcionadas e fomentaría os parques públicos de vivenda, obrigando a un investimento en vivenda social na media do resto de Estados da Unión Europea.
berlin vivenda
INTERNACIONAL

Os berlineses votan a prol de expropiar 240.000 vivendas a grandes inmobiliarias

Con máis da metade dos votos escrutados, o referendo deste domingo aponta cun 57% a favor da medida e un 38 % en contra. Máis de 80% dos habitantes da capital viven de aluguer e comprobaron como nos últimos anos os prezos duplicaban.

Unha de cada cinco vivendas está baleira. Na imaxe, mobilización contra un despexo na Coruña, en 2017 (Foto: Stop Desafiuzamentos).
SOCIAL

As cifras desmenten o alarmismo da Xunta: a 'okupación' cae 31% desde 2019

Tres de cada catro despexos debéronse no segundo trimestre de 2021 ao impagamento do alugueiro.
Unha vivenda en venta nun área rural semirural da comarca da Coruña. (Foto: Nós Diario) #vivenda #culleredo #comarcacoruñesa #inmobiliaria #ventas
ECONOMÍA

As vendas de vivenda, disparadas en relación a antes da pandemia

Malia que o sector inmobiliario incide en que é o mercado do alugueiro o que máis crece nestes momentos no país, as transaccións de propiedades tamén pasan por un bo momento atendendo ás estatísticas oficiais. Só unha das sete grandes cidades galegas experimentou unha baixada con respecto ás cifras do ano pasado.
Vivendas en construción (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

Galiza é o territorio onde máis subiron os prezos da vivenda en xullo

As persoas que compraron un inmóbel en xullo pagaron 19,5% máis que as que o fixeron hai un ano
Vivendas en construción (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

As entidades xurídicas encabezan as execucións hipotecarias na Galiza

Galiza é o único territorio no que as sociedades superan as persoas físicas no que a execucións hipotecarias de vivendas se refire.
Anuncios de alugueiros turísticos nunha localidade da Mariña o pasado verán. (Foto: Carlos Castro / Europa Press) #inmobiliaria #alugueiro #galiza #vivenda #vivendasturísticas #turismo #fegein
ECONOMÍA

Continúa o incremento do mercado turístico: Os alugueres non estacionais, en risco

A Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein) alerta dun "descenso notábel" da oferta para arrendar todo o ano nas cidades de Compostela, A Coruña e Vigo, ás que vén de sumarse Lugo. Ante esta dinámica, prevén un incremento da problemática para atopar vivenda e unha maior suba das rendas mensuais.  
Imaxe aérea do incendio de Ribas de Sil. (Foto: ATBrif)
SOCIAL

Os incendios de Ribas de Sil avanzan sen control e un ameaza núcleos habitados

Os dous lumes declarados xa calcinaron arredor de 500 hectáreas. Esta evolución fixo que afecte tamén ao concello veciño de Quiroga. A Xunta considera que as lapas son "claramente intencionadas".
Unhas persoas pasan xunto a unha promoción de vivendas. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
ECONOMÍA

Os prezos dos alugueres subiron 3,13% na Galiza

O prezo do aluguer aumenta 3,13% a nivel interanual en xullo, até 5,51 euros por metro cadrado
Unhas persoas pasan xunto a unha promoción de vivendas. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
ECONOMÍA

Es ti unha das novas propietarias de vivenda na Galiza?

A compra inmobiliaria volve ser obxectivo das galegas e galegos malia que a crise sanitaria non rematou, pois durante o mes de maio as operacións chegaron a dispararse por enriba do 128%. Así o destaca un informe do Consello Xeral do Notariado.

Publicidade dunha inmobiliaria na Mariña. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

Os alugueiros de vivendas na Galiza subiron o 26,6% en cinco anos

As galegas e galegos destinan 29% do seu salario a pagar o aluguer da vivenda. O prezo da vivenda está disparado na Galiza. Mentres no conxunto estatal descenden os prezos dos inmóbeis en aluguer e propiedade, a dinámica do mercado galego vai por outro camiño moi diferente. A ausencia dunhas políticas públicas que aposten pola vivenda protexida está no cerne do problema.
Diferentes "sortes" de urbanización e a mesma rúa sen vida.
star
Arquitectura

Vivenda unifamiliar, vida illada

Existen infinitas reformas que avaliar máis racionais e próximas, antes de facer unha nova casa. Por que construír máis se podemos evitalo?
biarritz_bamtaldea
INTERNACIONAL

As nacións galas, patios de recreo de ricos

Francia vota mañá na primeira volta das eleccións rexionais, con diversos temas para os diferentes territorios. Porén, nos lugares elixidos por moitos franceses para as vacacións, como a Bretaña, Córsega ou o País Vasco, os seus habitantes comparten unha crecente preocupación: a imposibilidade económica de residir no seu propio país.
Concentración contra o desafiuzamento de familias en Vigo (Imaxe: Europa Press).
Primeiro trimestre do ano

Os desafiuzamentos soben na Galiza un 93% mentres as denuncias por ‘okupación’ caen en 50%

Os casos ingresados sobre cláusulas chan aumentaron un 96 % e descenderon un 34 % os pendentes en trámite.

Vivenda social en Venecia, construída nunha antiga zona fabril. (Foto: Seier + Seier)
star
SOCIAL

A UE, campo de proba das políticas de vivenda

A reforma da Lei de vivenda prometida polo Goberno do Estado segue durmindo nun caixón mentres distintos Estados da Unión Europea poñen en práctica políticas cun alto grao de intervención pública que permiten á súa cidadanía acceder á vivenda.
Vista do municipio de Sanxenxo, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Concello de Sanxenxo)
ECONOMÍA

O éxito da vivenda turística encarece os prezos do alugueiro e pode levar a inversión a Porto

A patronal inmobiliaria, Fegein, prevé que o mercado dos pisos como fogar habitual sexa cada vez máis reducido, o que obrigará á cidadanía a destinar unha maior parte do seu salario a este ben básico. As peores paradas serán as cidades de Vigo, A Coruña e Compostela (onde xa se ten denunciado a dificultade para atopar apartamentos para o curso universitario). En calquera caso, a existencia dunha maior rendibilidade da vivenda en Porto podería modificar o destino de parte dos investimentos.
Inmobiliaria con anuncios de alugueiro en Compostela (Riobó Prada)
ECONOMÍA

Unha de cada tres vivendas en alugueiro na Galiza emprégase para uso turístico

A Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein) pide "máis seguridade xurídica" para potenciar os alugueiros tradicionais. Temen unha crise en maio pola fin do estado de alarma.
Protesta para que as vivendas da Saren pasen a ser públicas en Madrid. (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)
ECONOMÍA

As empresas inmobiliarias urxen a Xunta a negociar coa Sareb a cesión de vivendas baleiras

A Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein) considera que esas propiedades poderían conformar o parque de casas e pisos de carácter social para as e os galegos con máis necesidades. O presidente da institución, Benito Iglesias, revela que estiman que 1.230 bens do país en mans do tamén chamado 'banco malo' están rematados e xa se podería vivir neles.
Berlín
INTERNACIONAL

O Tribunal Constitucional alemá tomba a lei que conxela os alugueres en Berlín

Fixábase un máximo de 9,8 euros por metro cadrado e afecta aos contratos dun millón e medio de vivendas na capital alemá durante cinco anos.