vivenda

ano xudicial web
SOCIAL

O TSXG constata un descenso na ocupación ilegal de vivendas mentres a Fiscalía fala de "fenómeno crecente"

Igual que no paradoxo ideado polo físico austríaco Erwin Schrödinger no que o gato protagonista do experimento teórico está, ao tempo, vivo e morto, a ocupación ilegal na Galiza é ou non é un fenómeno en crecemento dependendo da fonte xudicial á que se atenda. 
Inmobiliaria en Compostela (Arxina).
ECONOMÍA

Os pisos para estudantes manteñen o tirón pese ás incertezas pola Covid-19

Atopar piso para estudantes en Compostela comeza a ser misión imposíbel, e todo pese ás incertezas sobre o inicio de curso e a tipoloxía das clases no ensino universitario. Este ano, adiantáronse as procuras, mais a oferta é algo máis reducida xa que moitas propietarias quitaron os seus pisos deste mercado.
Concentración contra o desafiuzamento de familias en Vigo (Imaxe: Europa Press).
SOCIAL

A 'okupación' na Galiza, nos medios máis que nas casas

Fronte ao bombardeo mediático, voces especializadas en dereito á vivenda apuntan a que a okupación responde máis a unha burbulla comunicativa que a un problema social. Nós Diario analiza a realidade deste  fenómeno na Galiza.

Aresweb
A Mariña é unha das áreas costeiras que acumula máis pisos á venda

O banco malo, a Sareb, supera os 47 millóns de euros en bens na Galiza

A Sociedade de xestión de activos procedentes da reestruturación bancaria segue a manexar centos de propiedades no país froito da crise do ladrillo que comezou en 2008. A maioría dos apartamentos que quedaron sen comprador foron aqueles pensados como segundas vivendas en zonas do litoral.
Vivendas en alugueiro #aluguer #vivenda #piso #casa (Foto: Laura R. Cuba)
ECONOMÍA

A alza dos prezos leva galegos e galegas a destinaren 29% do seu salario a pagar os alugueiros

A porcentaxe de renda para vivenda creceu catro puntos no último ano
Atopar pisos de alugueiro en Compostela é cada vez máis difícil (Arxina).
ECONOMÍA

Os litixios por alugueiros de vivendas medran 39% na Galiza

A difícil situación económica pola que atravesan moitas familias galegas fixo que os litixios asociados ao alugueiro de vivenda disparáranse na Galiza 39% no último ano.
Vivendas en construción (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

O comité de expertos da Xunta aposta no 'ladrillo' para deixar atrás a crise

O comité de persoas expertas que asesoran a Xunta na definición do novo escenario pos COVID-19 propoñen unha serie de incentivos fiscais para dinamizar a economía, entre eles os que gravan directamente a compravenda de vivendas, que sufriu un parón como consecuencia do confinamento.
Vivendas en construción (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

O inmobiliario busca fórmulas máxicas para sobrevivir

Construtoras e inmobiliarias piden ás Administracións galega e estatal que tomen medidas encamiñadas a dinamizar un sector que consideran chave para a creación de emprego. Entre esas medidas, figura a rebaixa do IVE para a compra de primeiras vivendas ou a recuperación de certas exencións no imposto da Renda.
Vivendas ás beiras da muralla de Lugo. (Imaxe: Luis Miguel Bugallo Sánchez)
SOCIAL

Estas son as condicións dos créditos deseñados polo Goberno español para pagar o aluguer

O Boletín Oficial do Estado publica hoxe as condicións para que as arrendatarias en situación de vulnerabilidade soliciten créditos para abonar até seis mensualidade do aluguer. Os créditos devolveranse nos seis anos seguintes á solicitude sen intereses nin gastos doutro tipo.
Placido Lizancos boa
SOCIAL

Plácido Lizancos: "Descoñecemos o estado de saúde da vivenda na Galiza, ese é o reto que se nos presenta"

O profesor e investigador Plácido Lizancos puxo en marcha xunto a outras integrantes da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña o proxecto "A Clínica das Casas". En conversa con Nós Diario, reflexiona sobre a vivenda: "Isto que se visualiza agora, cando chega a nós información que fala do mal que pode vivir parte da poboación reactívanos, estimúlanos para seguir investigando que está a acontecer".
Antón Gómez-Reino na rolda desta segunda feira (Galicia en Común).
Política

Galicia en Común pide que a Xunta rectifique após defender os desafiuzamentos en plena pandemia

A coalición exixe a comparecencia da conselleira de Vivenda, Ángeles Vázquez, diante da Deputación Permanente e demándalle á Xunta que active a súas competencias en vivenda para protexer as familias máis vulnerábeis.
Camiño de Conxo, en Santiago de Compostela (Imaxe: Luis Miguel Bugallo Sánchez CC BY-SA 3.0).
SOCIAL

Vivenda e coronavirus, axudas a un dereito confiado ao mercado

Un acceso restrinxido e uns trámites burocráticos complexos son dúas das barreiras que enfronta quen solicita axudas no acceso á vivenda. Unha problemática que se repite nas prestacións postas en marcha polo Goberno estatal durante o estado de alarma.
2020033012174027678
SOCIAL

Entidades polo dereito á vivenda promoven unha folga de alugueiros pola crise da COVID-19

Baixo cancelos como #SuspensiónAlugueirosXa ou #HuelgaAlquileres, sindicatos de inquilinas e organizacións polo dereito á vivenda chaman a unha folga no pago do alugueiro desde o 1 de abril para exixir ao Goberno central medidas que cubran os dereitos básicos durante o confinamento causado pola crise sanitaria. 

 

alugueiros carteis
ECONOMÍA

Tope aos prezos da vivenda libre de aluguer

O mercado da vivenda de aluguer prepárase para a intervención do Goberno estatal. Segundo anunciou, conta presentar antes do verán unha iniciativa que permita limitar o prezo dos arrendamentos en zonas onde se rexistraron subas exaxeradas. A medida busca resolver os problemas de custo, oferta e demanda que arrastra o sector desde hai varios anos. A crise económica e o auxe dos alugueres turísticos complicaron un mercado sen alternativas, que na Galiza mantén as súas propias dinámicas. 
Acción de Stop Desafiuzamentos ante o Concello de Lugo (Imaxe: Stop Desafiuzamentos Lugo).
SOCIAL

Stop Desafiuzamentos Lugo traballa en vinte casos de afectadas por despexos, seis "graves"

A plataforma lembra que no mes de maio remata a moratoria dos casos relacionados con hipotecas aprobada en 2013.
A candidata do BNG, Ana Pontón, este sábado en Compostela (Europa Press).
ELECCIÓNS

O BNG promete mobilizar 4.000 vivendas nun plan de alugueiro para mozas

A candidata nacionalista, Ana Pontón, califica de fracaso as políticas da Xunta en materia de vivenda pública.

2020021918380639904
Campaña de Anega

O estudantando compostelán, contra os "abusos" na vivenda

A formación estudantil Anega iniciou onte en Compostela unha campaña para visibilizar  os "abusos" que sofre a mocidade no acceso á vivenda e reclamar unha oferta "digna" e "accesíbel" na cidade e no resto da Galiza. 
Bañistas na praia de Silgar, coa vila de Sanxenxo ao fondo (Imaxe: Wikimedia).
SOCIAL

Alúgase turismo: escasa oferta e concentración de viaxeiras dificultan o acceso á vivenda

O verán na praia e a fin do Camiño. Sanxenxo e Compostela son dous municipios cun tipo de turismo ben diferenciado, mais que en ambos os casos tivo efectos no acceso a unha vivenda. A primeira pecha as contras no inverno e fica case en silencio, a segunda enfróntase na actualidade ao reto de conciliar cidadanía e visitantes.
Un local en venda (Arxina).
ECONOMÍA

A compravenda de vivendas crece en 2019 na Galiza e dos predios dispárase

As transmisións de vivenda soben 2,5% na Galiza en 2019 fronte a caída de 3,3% no Estado español.

Un local en venda (Arxina).
ECONOMÍA

Ourense e A Coruña, as peores cidades para mercar piso como investimento

Con 4,7% e 4,8%, respectivamente, Ourense e A Coruña presentan os retornos do investimento en vivenda máis baixos do Estado español.