xornalismo

A Xunta volveu excluír 'Nós Diario' da liña de axudas á prensa en papel. (Foto: Arxina)
Veto da Xunta

BNG e PSdeG critican a exclusión de 'Nós Diario' das axudas á prensa

A pesar das múltiples chamadas que este xornal realizou ao gabinete de comunicación do PP, a formación que goberna a Xunta deu a calada por resposta e Alberto Núñez Feixoo limitouse a alegar que non tiña "información" da resolución asinada pola súa secretaria de Medios, Mar Sánchez.
O Colexio de Xornalistas, o asociacionismo en defensa da lingua e formacións políticas demandan transparencia nas axudas da Xunta. (Foto: Arxina)
Veto da Xunta

O xornalismo urxe transparencia na repartición de axudas da Xunta á prensa

Reaccións á exclusión de 'Nós Diario' das subvencións aos medios.
Contía das axudas para xornais en papel na anualidade de 2021. (Infografía: Nós Diario)
Veto da Xunta

A Xunta da Galiza exclúe outro ano máis 'Nós Diario' das axudas á prensa escrita

A Xunta da Galiza volve excluír un ano máis 'Nós Diario' da liña de axudas destinadas a xornais impresos en formato papel. As achegas públicas que destina a Secretaría Xeral de Medios a este concepto para 2022 suman 1.255.000 euros. Entre os seus obxectivos, destaca “a normalización da lingua” e a defensa da cultura galega.
Capa de Sermos Galiza do 26 de abril de 2012, cando se publicou na rede.
SOCIAL

Queres saber de que informaba 'Sermos Galiza' no día da súa estrea hai 10 anos?

Os recortes de Mariano Raxoi, o 'caso Urdangarin' e as medidas económicas do Goberno boliviano de Evo Morales protagonizaron o 'Sermos' do 26 de abril de 2012.

nosdiario.gal

Sermos Galiza SA, empresa editora de 'Nós Diario', fai dez anos.
SOCIAL

Novos contidos, un deseño máis limpo e áxil... así será a nova edición dixital de 'Nós Diario'

A nova web estará dispoñíbel desde as 12 horas desta terza feira, 26 de abril.
Sermos Galiza SA, empresa editora de 'Nós Diario', fai dez anos.
SOCIAL

'Nós Diario' relanza este 26 de abril a súa edición dixital

O redeseño da web coincide co décimo aniversario da posta en andamento de sermosgaliza.gal, medio do que naceu Nós Diario e parte da aposta por reforzar o soporte dixital a través dunha páxina máis intuitiva e áxil para facilitar a lectura e interacción cos diferentes contidos xornalísticos.

Protesta do persoal da CRTVG contra a temporalidade de longa duración que afecta os medios públicos. (Foto: Comité Intercentros da CRTVG)
SOCIAL

O persoal da CRTVG ratifica o preacordo alcanzado coa compañía "pola consolidación do emprego"

As asembleas aprobaron na tarde desta quinta feira o documento consensuado na terza.
A nova web de nosdiario.gal será máis áxil, dinámica e intuitiva.
SOCIAL

'Nós Diario' transfórmase na Internet: o 26 de abril verá a luz unha nova edición dixital

O redeseño da web coincide co décimo aniversario da posta en andamento de sermosgaliza.gal, medio do que naceu Nós Diario e parte da aposta por reforzar o soporte dixital a través dunha páxina máis intuitiva e áxil para facilitar a lectura e interacción cos diferentes contidos xornalísticos.
Protesta do persoal da CRTVG contra a temporalidade de longa duración que afecta os medios públicos. (Foto: Comité Intercentros da CRTVG)
SOCIAL

O persoal da CRTVG, en folga: estes son os motivos

Esta cuarta feira, 20 de abril, terá lugar un paro de media xornada para exixir a consolidación do emprego temporal, xa que, advirten desde o comité intercentros da CRTVG, produciríanse perto de 40 despedimentos coa actual oferta da compañía pública.
O poeta, xornalista e político Johán Carballeira. (Foto: Cedida)
MEMORIA E HISTORIA

Bueu homenaxeará Johán Carballeira, asasinado polo franquismo hai 85 anos

O poeta, xornalista e político pasou varios meses encerrado en San Simón após o golpe de Estado e foi fusilado na Caeira (Poio) o 17 de abril de 1937.
Capa Sermos Galiza Día da Patria Galega 2021
CULTURA

O semanario 'Sermos Galiza', candidato ao premio Follas Novas de Xornalismo Cultural

Os premios Follas Novas do Libro Galego acaban de completar a primeira fase de selección da edición deste 2022. Os galardóns daranse a coñecer no mes de maio.
O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, inaugurou o acto (Foto: Concello das Neves).
SOCIAL

Xornalistas e escritores saharauís de toda Europa cítanse nas Neves

A V Asemblea da Liga de Xornalistas e Escritores Saharauís en Europa decorre estes días no municipio das Neves.
O xornalista vasco Pablo González, desde Polonia, uns días antes de ser detido (Foto: @PabVis).
INTERNACIONAL

O xornalista Pablo González, acusado de ser un espía de Rusia, seguirá en prisión até o 29 de maio

Segundo expón o xornal 'El País', nin a familia nin o avogado puideron comunicarse con González, a quen identifica Polonia cos supostos alcumes de Aleksey Rubtsov e Pavel Rubtsov e sobre quen paira a unha pena de até dez anos de prisión.
Carme, veciña da aldea de Vilacoba (Lousame), paga á peixeira mantendo distancia o 3 de abril de 2020. (Foto:  Agostiño Iglesias)
star
Reportaxes

Imaxe Covid. A memoria dous anos despois

O 14 de marzo de 2020 decretábase o estado de alarma limitando a libre circulación. Comezaba un confinamento que duraría varios meses e que deixaba rúas e estradas baleiras. Só os denominados servizos esenciais podían seguir, non sen atrancos e controis, o seu traballo. Os medios de comunicación tentaron explicar a situación malia os impedimentos de Administracións e empresas. O fotoxornalismo galego cobrou protagonismo. Dous anos despois Sermos Galiza lembra aquelas semana a través do proxecto colaborativo Imaxe Covid.
Cartaz compartido en redes sociais polo propio Pereira (Foto: @Pereira_Hugo_).
SOCIAL

A Radio Galega convida a un programa un comentarista de extrema dereita

Polémica nas redes sociais pola invitación a Hugo Pereira Chamorro, que chamou "feminazi" á ministra Irene Montero, ao 'Galicia por Diante'.

Contar o que pasa (II)

afga_xornalista-UNAMA-Fardin Waezi
INTERNACIONAL

Xornalistas silenciadas no Afganistán

80% das mulleres tiveron que deixar o emprego obrigadas polos talibán.
O xornalista vasco Pablo González, desde Polonia, uns días antes de ser detido (Foto: @PabVis).
INTERNACIONAL

Polonia pide dez anos de prisión para Pablo González, acusado de ser un axente da Intelixencia rusa

"O detido estaba a obter información que, de ser utilizada polos servizos especiais rusos, podería ter desencadeado un impacto negativo directo na seguridade exterior e interior de Polonia", sinala o Goberno polaco, a respecto do xornalista vasco. 
Russia Today xa non pode utilizar en Europa as principais canles e plataformas de difusión (Foto: RT).
INTERNACIONAL

Seguen as restricións contra Sputnik e Russia Today, agora tamén fóra de Telegram

O Goberno do Brasil tamén se suma ao veto aos medios de comunicación rusos.