Xunta da Galiza

Terrazas cheas de clientela na Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

A hostalaría fechará á 1 e o lecer nocturno ás 3 da madrugada para controlar o virus

Os Gobernos de varios territorios veñen de votar en contra das propostas do Ministerio de Sanidade para evitar a propagación da Covid-19 este verán. Ademais da Galiza, non queren as restricións previstas polo Goberno español en Madrid, Euskadi, Catalunya, Andalucía e Murcia. Malia estas opinións, o documento conseguiu saír adiante.

Estudantes realizando a ABAU o pasado ano (Foto: Emeterio Suárez).
SOCIAL

Galiza, en desvantaxe na ABAU fronte a outros territorios

Na Galiza non se permite acceder á ABAU con materias suspensas, algo que si é posíbel en nove territorios do Estado cuxo alumnado poderá optar a prazas nas universidades galegas das que son excluídas centos de estudantes galegas na convocatoria ordinaria.

Estudantes de Bacharelato do IES Vilar Ponte de Viveiro durante as probas da ABAU (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

Anpas Galegas piden á Xunta que adapte os criterios avaliativos de 2º de Bacharelato pola "desigualdade" que crean

Denuncian que o alumnado galego non poida finalizar ese nivel con materias suspensas, criterio que non se dá noutras comunidades.

Oír, ver e falar

Feixoo nun momento da presentación. (Foto: Xunta da Galiza) #feixoo #turismo #vacina #campaña #vacinación #reclamo #atracción #galiza #camiña #campañaturística #coronavirus #covid19
SOCIAL

Feixoo aposta no ofrecemento de vacinas ás turistas como "reclamo" para visitar Galiza

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, que participou na presentación dunha campaña para atraer visitantes afirmou que Galiza está "preparada" para atender ás e aos viaxeiros. Ademais, recoñeceu que lle gustaría ter vacinas suficientes como para "poder ofrecelas" á xente que chegue ao país sen o tratamento posto.
A manifestación rematou na praza María Pita da Coruña (Nós Diario).
SOCIAL

A veciñanza coruñesa tomou as rúas en defensa do porto

Manifestación contra a privatización dos peiraos para a construcción de vivendas que propón a Xunta da Galiza.

Un home asina o consentimento, onte, en Ourense (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
SOCIAL

Sanidade insiste na idoneidade de se vacinar coa segunda dose de AstraZeneca

Alta demanda deste vial, que esta quinta feira se comezou administrar ás persoas menores de 59 anos pendentes de completar a pauta e cuxas reservas están baixo mínimos na Galiza.
ECONOMÍA

Conde recúa e porá unha muller a dirixir o ente dos fondos Next Generation

Conde avanza que unha muller dirixirá a Sociedade para o Desenvolvemento de Proxectos Estratéxicos da Galiza e xustifica que non haxa presenza feminina no consello de administración porque aínda non está fechado

A universidade, pública

Concentración de comuneiras e comuneiros o pasado 23 de febreiro diante do Parlamento da Galiza (Orgaccmm).
ECONOMÍA

Vía libre ás empresas madeireiras para ficaren coas terras comunais

A Organización galega de comunidades de montes comunais (Orgaccmm) denuncia que a burocracia da Administración pode facilitar a perda da xestión das súas terras.
Un acto do Movemento Galego da Saúde Mental, en setembro de 2018. (Foto: Europa Press)
star
Galiza, á cabeza da taxa no Estado

Rosa Cerqueiro: "Se o contexto é de tensión social, de non saír da situación, hai un aumento no risco" de suicidio

Galiza sitúase á cabeza do Estado español en número de suicidios. Os últimos datos oficiais fornecidos polo Instituto Nacional de Estatística (INE), referidos a 2019, colocan a taxa en 10,81 por 100.000 habitantes, unha cifra só superada por Asturies. Malia que as causas desta realidade responden a múltiples factores, as persoas expertas non dubidan en estabelecer unha relación entre os suicidios e o deterioro da situación económica. As consecuencias da pandemia preocupan aos profesionais da saúde mental. 
Protesta en decembro para pedir a devolución da Casa Cornide. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
MEMORIA E HISTORIA

Incóase o BIC para protexer a Casa Cornide

O expediente terá que resolverse en 24 meses como máximo, mais até esa data a Casa Cornide e o seu contido contan coa protección da Lei de patrimonio cultural da Galiza.
Varios eólicos no concello de Aranga. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Enerxías de Portugal creará e explotará novos parques eólicos na Galiza

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, recibiu ao representante do grupo EDP para falar de investimentos na materia das enerxías renovábeis, eludindo a forte contestación social da poboación galega contra os proxectos polo pouco que reverten na economía das localidades a cambio de toda a repercusión que causan en espazos protexidos ou que se poderían destinar a outros usos máis rentábeis para a poboación.

Persoas na terraza dun bar de Ourense (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

O comité clínico estuda relaxar os límites ás reunións en interiores e exteriores

O presidente da Xunta avanzaba este domingo que a cuestión será estudada na próxima reunión
Concentración en defensa da devolución da Casa Cornide á titularidade pública (Foto: M. Dylan / Europa Press).
SOCIAL

A Xunta incoará a declaración BIC da Casa Cornide da Coruña

Este é o primeiro paso para poder protexer o inmóbel que actualmente é propiedade da familia Franco. 
Test de antíxenos da Covid (Foto: Jesús Hellín / Europa Press ).
SOCIAL

Lixeiro descenso na presión hospitalaria e nos contaxios pola Covid

O número de persoas ingresadas por Covid-19 continúa a descender ao igual que os contaxios e os casos activos que onte aumentaban lixeiramente. 
O Festival de gran formato en Bueu, SonRías Baixas no pasado verán. (Foto: Festival SonRías Baixas)
SOCIAL

Verbenas con persoas de pé e festivais de até 10.000 asistentes para este verán

A Xunta está a traballar en dous protocolos hixiénico-sanitarios diferenciados segundo o número de persoas que se levarán a cabo este verán 
A capela das Torres de Meirás (Foto: cedida)
CULTURA

Sepulcro mandado labrar por Emilia Pardo Bazán ou retablo barroco da capela: o que os Franco queren levar de Meirás

A Iniciativa Defende Meirás difunde a segunda parte do catálogo de móbeis que a familia herdeira do dictador quere sacar do lugar.
Detalle do acceso ás Torres de Meirás.
SOCIAL

Iniciativa Defende Meirás: "É inadmisíbel a indiferenza da Xunta na protección de Meirás"

Defende Meirás insiste en que está en mans da Consellaría de Cultura impedir o "espolio" das Torres por parte da familia Franco.
Membros do colectivo Defende a Galega (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Tres anos en defensa dos medios públicos

No terceiro aniversario dos "Venres Negros", o colectivo Defende a Galega afirma que a única mudanza significativa foi "a conciencia dunha cidadanía cada vez máis comprometida".