Xunta da Galiza

Imaxe de arquivo: escolasinfantis.net
EDUCACIÓN

A Xunta entrega 5 escolas infantís a dúas empresas: unha do Opus e outra de Madrid

Fesan e Propolp reparten a xestión privada dos centros Pontevedra-Monte Porreiro, O Pino, Coristanco, Carballo-A Baña e Betanzos. Desde a CIG atribúen a ''liquidación'' destes centros, antes Galescolas, co modelo educativo en galego e insertado na realidade do país que desde elas se promovía
DENUNCIA

A Xunta gasta 23.000 euros en garantir a seguridade da familia Franco en Meirás

Alén disto, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña denuncia tamén a renovación do convenio que exime a familia do ditador de abrir o Pazo ao pobo cando se aloxa nel
Mariscadoras a faenar nunha seca
MAR

TSXG obriga a repetir as eleccións da Federación de Confrarías de Pontevedra malia a oposición da Xunta

A xustiza dá a razón ao colectivo de demandantes a pesar de que a Consellaría nunca estimou os seus recursos
Manifestación polos servizos públicos na provincia administrativa de Ourense.
RECORTES

Despiden o persoal dun centro de menores en Ourense "para lle entregar a xestión a unha empresa"

Once empregados de Montealegre engádense á "desfeita dos servizos públicos na provincia", que suma unha enorme perda de servizos e ducias de despedimentos.
Manifestación contra a estafa financeira.
ALTERNATIVAS

A Xunta só precisaría 18 millóns para iniciar o proceso de creación dunha banca pública galega

O goberno galego dotaríase dunha valiosa ferramenta anticrise cunha pequena inversión inicial que tería que acompañar cunha campaña para captar aforro e redirixir os depósitos propios até sumar os 500 millóns necesarios para funcionar a bo rendemento, a mesma cantidade que gastan as deputacións.

Integrantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
EDUCACIÓN

A comunidade educativa galega, contra os recortes

Preséntase en sociedade a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, integrada por organizacións representantes das distintas pólas da comunidade educativa galega que manifestan o seu rexeitamento ao Real Decreto-lei 14/2012 e os recortes que contempla
Reunión de alcaldes de Lugo
PROTESTAS POLOS RECORTES

Alcaldes de Lugo organízanse para reivindicar servizos sociais ante a Xunta

Rexedores de BNG, PSOE e independentes farán causa común contra a eliminación da atención ao fogar en todos os concellos menos a capital.

Aumento do sector público

A Fundación Cela xa é da Xunta

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo anunciou que a Fundación Cela pasa a formar parte do sector público. O BNG cuestiona a decisión e quere saber se vai asumir tamén as débedas da entidade.
Fernán-Vello
FERNÁN VELLO DENUNCIA O PROGRAMA DA XUNTA DE "DEMOLICIÓN DA CULTURA”

Vinte anos de poesía en Espiral

En dúas décadas Espiral Maior fíxose co máis amplo catálogo de poesía da nosa historia literaria. O editor denuncia os “recortes brutais” por parte da Xunta aos fondos destinados á lectura pública.
Ana Miranda no Parlamento Europeo sobre as Fragas do Eume
CRISE ECOLÓXICA

A Unión Europea ten que saír en defensa da Rede Natura pola inacción da Xunta

As instancias europeas, que veñen de pedirlle á Xunta do PP a ampliación dos espazos protexidos da Rede Natura 2000
Labrego nos Ancares
VIVIR DO AGRO?

A Xunta ispe o rural galego e déixao ás portas da beneficencia

A aprobación do proxecto de Lei de Montes de Galiza por parte do PP en solitario, botando man da súa maioría absoluta, asina outra sentenza de morte para o agro e pon en xaque o dereito á soberanía alimentar
Bieito Lobeira, deputado do BNG
DEBATE NO PARLAMENTO

Lobeira acusa a Xunta de afogar “por ideoloxía” os medios en galego

O PP confirma no Parlamento que seguirá sen conceder axudas á prensa escrita na norma reintegracionista.

Imaxe do Parlamento de Galicia.
ESCENARIO ELECTORAL

Os inquéritos internos do PP galego confirman que Feijóo pode perder a Xunta

Os datos demoscópicos que manexa a dereita dánlle entre 37 e 38 deputados, no fío da maioría absoluta.