Xunta da Galiza

Persoal do Servizo Galego de Saúde (Foto: Xunta).
SOCIAL

O Sergas non prevé facer fixos os 738 contratos temporais pola pandemia

Renovarase até marzo de 2022 o persoal que remataba contrato entre o 30 de novembro e o 31 de decembro.
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; o director de Agadic, Jacobo Sutil, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na xornada deste sábado do Culturgal 2021. (Foto: Xunta da Galiza)
CULTURA

A industria galega do videoxogo saca peito en Culturgal

Empresas como Aruma Studios, Gato Studio,Wood Games o Víctor Xusto deron conta dos proxectos nos que están a traballar.
Bombeiros sufocando un incendio. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

A Xunta só delimita 81 hectáreas como perímetros de "alto risco de incendio"

O pasado ano arderon perto de 15.000, máis que en 2018 e 2019 xuntos.

Ata cando tanto desleixo da Xunta?

Casas no rural (Foto: Eva Vidal)
SOCIAL

Fracasa o rexistro de vivenda no rural

Cinco meses despois de inaugurarse o rexistro de vivendas en núcleos abandonados do rural galego, a proposta de Ángeles Vázquez para reactivar o interior, a plataforma non contou con ningunha incorporación. A Fruga e o Colexio de Axentes Inmobiliarios piden servizos para recuperar poboación.
Un paciente coa Covid-19 é trasladado ao Hospital de Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

O TSXG autoriza esixir o certificado Covid a acompañantes e visitas de pacientes ingresados nos hospitais

O alto tribunal rexeita que a presentación do certificado de vacinación, recuperación ou proba negativa constitúa "un sacrificio desproporcionado"
Un home labra a súa leira en Xermar (Cospeito). (Foto: Carlos Castro /  Europa Press)
star
SOCIAL

Os fondos contra o despoboamento, sen planificación

A Galiza recibirá 3.150 millóns de euros procedentes dos fondos Feder 2021-2027, unha achega que se presume esencial para dinamizar o rural e combater o despoboamento, habida conta de que máis de 250 concellos perden poboación desde hai quince anos. Expertos en demografía consultados por 'Nós Diario' debullan as chaves das axudas da Unión Europea e critican a "falta de planificación estratéxica" do Goberno galego.
Interior Galego Vivo alerta de que os Orzamentos da Xunta para o rural significan afondar na discriminación e na falta de investimentos. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

O interior galego denuncia a súa discriminación nas contas da Xunta

Piden reorientar os plans Next Generation para a Ribeira Sacra para que non traian xentrificación.
Os concertos supoñen 14,5% do custo total da ensinanza non universitaria (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
A Xunta gastará en 2022 oito millóns de euros máis en concertos

Medra o ensino concertado á custa do sistema público

Un ano máis, a Xunta da Galiza aumenta as partidas orzamentarias destinadas ao ensino concertado, que recibirá oito millóns de euros máis que o pasado curso escolar. Desde a chegada de Núñez Feixoo á Xunta en 2009, os concertos medraron proporcionalmente por riba do investimento total en Educación. Aliás, este ano haberá 868 docentes menos que no ano da pandemia.
Protesta do persoal de Vestas en Viveiro o pasado mes de outubro (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
TRABALLO

Vestas escoitará ofertas pola planta de Viveiro até finais de 2022

A multinacional danesa fechou onte sen acordo as negociacións do ERE que afecta 115 traballadores e traballadoras e comprométese a escoitar ofertas pola planta até final de 2022.
Francisco Conde, conselleiro de Economía, asegura que as empresas marchan da Galiza pola política enerxética do Goberno español (Foto: Moncho Fuentes).
ECONOMÍA

A realidade de Vestas e Siemens-Gamesa contradí os argumentos da Xunta

O conselleiro de Economía bota as culpas á política enerxética estatal da fuga de empresas da Galiza 
De esquerda a dereita, o reitor da UVigo, Manuel Reigosa; o conselleiro de Universidades, Román Rodríguez; o reitor da USC, Antonio López, e o da UDC, Julio Abalde (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

Xunta e universidades acordan o plan de financiamento do próximo lustro

O Goberno galego achegará 2.488 millóns ás universidades até 2026. 468 millóns xa están previstos nas contas do vindeiro ano, unha cifra inferior -atendendo á variación do IPC- á de 2009, antes de que Feixo chegase á Xunta (414 millóns que serían hoxe 482,7).
A vecinanza de Touro denunciou o pasado mes de outono a calidade das augas que rodean a antiga mina.
star
SOCIAL

A restauración, coartada para reabrir a mina Touro-O Pino

A plataforma veciñal Mina Touro-O Pino Non urxe o arquivo do proxecto "definitivo" presentado por Explotaciones Gallegas para drenar as augas ácidas procedentes do xacemento, sen actividade desde mediados dos anos 80. A empresa, propietaria orixinal dos dereitos de explotación das antigas minas de cobre, adiou desde 2018 unha proposta definitiva que poña fin á contaminación dos ríos que percorren a contorna. Mais non atende os obxectivos lexítimos, denuncian. O proxecto só busca dar servizo á explotación mineira a ceo aberto que Atalaya Mining porfía en reabrir. 
Na serra do Xistral, que forma parte da Rede Natura 2000, hai 28 parques eólicos. (Foto: Turismo da Galiza)
A ampliación da Rede Natura, pendente desde 2011

Unha década de 'recortes' na normativa de medio ambiente

O Goberno galego presentou en 2011 a súa proposta para ampliar a Rede Natura 2000 a 15,2% do territorio ante as constantes críticas da Unión Europea; porén, hoxe aínda non se efectuou. Neste tempo xurdiron proxectos eólicos nos espazos previstos para a ampliación, e a Xunta, a través das últimas modificacións legais, recortou a participación cidadá e simplificou os procedementos administrativos das eólicas.
Obras de construción do parque eólico Oribio —Samos—, en 2019, nun espazo pertencente á Rede Natura 2000 (Foto: Plataforma Salvemos O Iribio).
SOCIAL

A Xustiza di que as eólicas "ampáranse" no "baleiro legal" da lexislación ambiental

A última sentenza do TSXG contra a aprobación do proxecto modificado do parque eólico Oribio por parte da Xunta evidencia, a ollos dos maxistrados, un "baleiro legal" na lexislación ambiental galega. É a cuarta derrota da Administración galega nos tribunais no que atinxe á planificación eólica.

Treme a terra

Encabezado do correo enviado pola Xunta. (Foto: Nós Diario) #xunta #galego #lingua
LINGUA

A Xunta topa de novo co galego: "Recientemente produciuse por error"

O Goberno galego remite un correo electrónico para alertar dun erro no sistema de envío masivo e volve escribir de forma incorrecta varias palabras da lingua propia do país. Estes problemas da Administración pública da Galiza non deixan de chamar a atención das e dos cidadáns.
Instalación de Dora García (Valladolid, 1965) nunha exposición no Centro Galego de Arte Contemporánea, en 2009.
star
CULTURA

Bonos culturais: cultura e consumo

Os bonos culturais implementados polo Goberno español e pola Xunta da Galiza provocaron acusacións cruzadas de electoralismo. Porén, talvez a cuestión sexa definir como debe relacionarse a cultura coas lóxicas de mercado. 
 
Manifestación realizada en Madrid o pasado 26 de setembro (Nós Diario).
TRABALLO

Folga no sector público para exixir a fin da temporalidade laboral

Os sindicatos Co.Bas, Confederación Intersindical e Solidariedade Obreira, CUT e Federación de Ensino de CXT, entre outros, convocaron para este 28 de outubro unha folga en demanda de estabilidade nas administracións galegas. 
Manifestación contra os eólicos que percorreu Compostela o pasado xuño (Foto: César Arxina / Europa Press).
star
SOCIAL

A moratoria eólica non afecta os case 200 parques que xa tramita a Xunta

A Xunta non aceptará novos proxectos eólicos —agás os que o Goberno considere prioritarios— entre xaneiro de 2022 e xullo de 2023. Porén, esta moratoria non terá efectos sobre os 190 parques en fase de tramitación avanzada a través da Administración galega, 61 dos cales foron xa sometidos a información pública. Aliás, outros 209 están xa en funcionamento ou contan cos permisos.