![Nós Diario](/media/nosdiario/images/2023/01/10/2023011017211925549.png)
Redacción
03/xul./23 - 09:17
Esta segunda feira comeza a quinta edición do VigoSaxForum, que reunirá durante toda a semana decenas de saxofonistas e contará con profesores internacionais da talla de Nicolas Arsenijevic. Este curso de saxofón ten como obxectivo complementar e enriquecer as múltiples actividades culturais xa propostas polas diferentes institucións pedagóxicas e artísticas existentes, tales como conservatorios superiores, profesionais ou escolas de música. O festival, que se levará a cabo na escola de música da Unión Musical de Valladares, contará cunha programación conformada por clases individuais, colectivas, conferencias e concertos públicos, así como un recital de clausura.