Unha explosión nun taller de Santiago de Compostela sáldase sen danos persoais

Unha explosión nun taller mecánico da rúa Doutor Teixeiro de Santiago de Compostela saldouse sen feridos, malia que con abundantes danos materiais. Varios particulares púñanse en contacto co 112-Galiza contra as 17.40 horas alertando de que houbera unha forte explosión nun taller situado á altura do número 31 desta céntrica rúa do Ensanche compostelán. Até o lugar desprazáronse axentes da Policía Nacional e da Policía Local, así como Bombeiros, que traballan na extinción do lume provocado pola explosión e que, segundo fontes do 112 consultadas por Europa Press, ocasionou o incendio dun vehículo no interior do local. Polo de agora descoñécense as causas deste suceso e a rúa Doutor Teixeiro fica cortada ao tráfico, o que está a ocasionar retencións no centro da capital galega.
explosion taller santiago
photo_camera explosion taller santiago
Comentarios