Morre un home ao sufrir unha indisposición mentres conducía en Santiago

Un home faleceu ao sufrir unha indisposición mentres conducía en Santiago, ao seu paso por Conxo, no quilómetro 8 da SC-20. Segundo informa o 112-Galiza, un particular avisou contra as 11.50 horas desta terza feira dunha leve colisión por alcance. Un dos condutores implicados permanecía inconsciente no interior do seu vehículo. Así, solicitouse a colaboración do 061, Bombeiros e Policía Local de Santiago, alén dos servizos de mantemento da estrada. Unha vez no lugar, os servizos sanitarios confirmaron que a persona sufrira unha indisposición ao volante e perdera a consciencia. Após tentar reanimala durante un longo período de tempo, finalmente confirmaron o seu falecemento.
O accidente produciuse na SC-20 á altura de Volta do Castro. (Foto: Google / Arquivo)
photo_camera O accidente produciuse na SC-20 á altura de Volta do Castro. (Foto: Google / Arquivo)
Comentarios