![Nós Diario](/media/nosdiario/images/2023/01/10/2023011017211925549.png)
Redacción
22/maio/23 - 12:47
Actualizado: 22/maio/23 - 12:57
O menor agredido a pasada quinta feira nas inmediacións da Igrexa de Santa Susana, en Santiago de Compostela, recibiu esta fin de semana a alta médica. O mozo acudira ás Festas da Ascensión e resultou ferido cunha navalla na coxa esquerda. Por estes feitos, a Policía Nacional detivo o sábado o presunto autor dos feitos, un varón coñecido da vítima e tamén menor de idade. A Fiscalía de Menores foi informada dos feitos e, á espera do informe definitivo, decretou que o menor permaneza baixo a custodia dos seus pais.