Presentan na Coruña o primeiro exoesqueleto para crianzas

Dous nenos, de sete e nove anos, probaron este mércores na Coruña o primeiro exoesqueleto pediátrico do mundo, posto no mercado por unha empresa en cuxo accionariado participa o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC). En concreto, os nenos que o probaron son un menor que sofre unha patoloxía afín á parálise cerebral e outro que padece atrofia muscular espinal (AME). A xornada contou coa presenza de fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais de Aspace-A Coruña, GalicaAme e Amencer-Aspace para recibir formación e ver en funcionamento do exoesqueleto.
Presentación do exoesqueleto pediátrico na Coruña (Foto: Sinapse).
photo_camera Presentación do exoesqueleto pediátrico na Coruña (Foto: Sinapse).
Comentarios