Comeza en Pontevedra a segunda parte do Festival Vertixe Sonora de Creación Musical Contemporánea

Conforman o programa actividades de carácter eminentemente participativo e accesible para todos os públicos: intervencións lúdicas, obradoiros, conferencias e concertos que ocuparán os espazos públicos.
Cartaz do festival Vertixe 9 - En Paralelo.
photo_camera Cartaz do festival Vertixe 9 - En Paralelo.

Onte comezou en Pontevedra o festival Vertixe 9 En Paralelo, de Creación Musical Contemporánea -a segunda parte do Festival Vertixe Sonora-, que até o día 21 presenta unha serie de intervencións, obradoiros, conferencias e concertos que ocupan o espazo público,.

O festival comezou coa inauguración da instalación Arte da Fuga, do colectivo N3rvdr (Ramón Souto, Ignacio Barcia e Juan Carlos Charro), unha obra que conecta sons da natureza e da vida cotiá coa obra de Bach do mesmo título, nun proxecto de innovación educativa en colaboración con estudantes inconformes. Estará activa no IES Torrente Ballester ata o 20 de decembro.

Henrique Fernandes e Jorge Quintela, de Sonoscopia, presentarán Aquatica o 13 de marzo as 20 horas. Unha instalación interactiva na que se captura o son e proxéctase a luz desde e sobre un conxunto de líquidos e elementos electromecánicos

Hoxe, sábado 11, na Facultade de Belas Artes, a artista bielorrusa Tatiana Gerasimenok impartirá o obradoiro 20.36 ozt, no que os participantes desenvolverán accións que serán rexistradas para construír unha obra co mesmo título.

Tamén na Facultade, Henrique Fernandes e Jorge Quintela, de Sonoscopia, presentarán Aquatica o 13 de marzo as 20 horas. Unha instalación interactiva na que se captura o son e proxéctase a luz desde e sobre un conxunto de líquidos e elementos electromecánicos, e que poderá visitarse até o luns 20 de decembro.

Un ruído estrano e sagrado, un espectáculo para catro percusionistas de Luther Adams, terá lugar o domingo 19 ás 11 horas na Illa das Esculturas, propondo unha achega matemática aos sons "ruidosos" da natureza.

O día 20, ás 12 horas, na Facultade de Belas Artes, Jose Pablo Polo presentará Corpos Re-soantes, unha conferencia sobre o espazo sonoro que xeramos e habitamos. Ás 20 horas, no espazo Nemonon, os madrileños Deoverture darán un concerto no que combinan presenza, poesía e música electrónica.

O ciclo finaliza o martes 21 ás 20.15, na Igrexa Conventual de San Francisco, co proxecto experimental do dúo Buzz (Mateo Mena e Ramón Souto) Diálogo interior, para 20 persoas cegas e dispositivos electrónicos.

Máis en CULTURA
Comentarios