'A esencia da cidade', un relato de María Reimóndez para descarga libre neste 25N

Editado por Xerais co gallo do Día internacional contra a Violencia Machista, reflicte a propia experiencia persoal da escritora. 

María Reimóndez
photo_camera María Reimóndez

Xerais edita 'A esencia da cidade', un relato de María Reimóndez para a descarga libre no Día Internacional contra a Violencia Machista e no que a escritora reflicte a súa propia experiencia persoal. Esta edición, explican desde Xerais, nace coa vocación de que se empregue nos centros do ensino para traballar a igualdade de xénero e combater a violencia machista.

A autora quere contribuír deste xeito a situar no espazo público as experiencias de violencia contra as mulleres: "Podo dicir sen temor a equivocarme que todas as mulleres que coñezo –e son moitas, de diferentes países do mundo– padecen ou padeceron diferentes tipos de violencia ao longo da súa vida. Esta dura realidade agóchase na nosa sociedade cun discurso de silencio e culpabilización, co medo a falar, co estigma. Poñer no espazo público as nosas experiencias de violencia é un paso ineludible para cambiar ese discurso e amosar a realidade dunha sociedade construída sobre a violencia contra as mulleres". 

Máis en CULTURA
Comentarios