A fadista portuguesa Mariza recibe o premio luso-español de Arte e Cultura 2018

Mariza
photo_camera Mariza

Mariza, embaixadora da música portuguesa e do fado máis contemporáneo, foi premiada no día de onte co galardón luso-español de Arte e Cultura. Outorgado polos Ministerios de Cultura de España e Portugal, conta cunha dotación económica de 75.000 euros. A deste ano é a sexta edición, por se vir celebrar de maneira bianual dende o 2006.

O xurado destacou “o seu labor en favor do fomento das relacións entre ambos países”. Proba disto son as súas colaboracións con artistas españois como Miguel Poveda ou Sergio Dalma. En anteriores edicións foron premiados José Vento, Álvaro Siza ou Carlos Saura

A cantante toca este sábado no Palacio da ópera da Coruña. As entradas están dispoñíbeis na web dende 25 euros.

Máis en CULTURA
Comentarios