O xurado compuxérono Ánxela Gracián, Manuel Bragado, Armando Requeixo, Mario Regueira e mais o gañador do ano pasado, Diego Alfonsín -con Non o saben as estrelas. Illas a Sotavento foi o título da obra gañadora, de Henrique Dacosta López (Ferrol, 1964).
Dacosta foi gañador do premio Carvalho Calero até en tres ocasións. É profesor de Lingua Galega e desempregou o cargo de Técnico Especialista en Lingua Galega no Concello de Fene. Colabora habitualmente no suplemento cultural Nordesía do Diario de Ferrol. Entre os seus libros atópanse Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias (Laiovento, 1995) ou Entrada ao xardín do saber (Rdelibros, 2014).