A Asociación Socio-Pedagóxica Galega convida, neste aniversario, a ver a vídeo creativo dirixido por Carlos Seijo “Canto de permanencia” arredor da figura do poeta Uxío Novoneyra. O documental está tamén disponíbel na nosa loxa.
Documental creativo "Canto de Permanencia" from Pixel Films on Vimeo.
Pola súa parte, o crítico Ramón Nicolás lembra hoxe ao poeta do Courel no seu blog Caderno da critica cun manuscrito poético cedido pola Fundación Novoneyra co poema “Amador e Daniel”. A Fundación, con sede na casa natal do Courel, disponibiliza documentación e información arredor do poeta desde a súa páxina na rede.
Tamén Armando Requeixo recupera no seu blog Criticalia un haiku co que o poeta obsequiou aos escritores Claudio Rodríguez Fer e Carme Blanco.