Despois de ter gañado o Premio San Clemente e chegar xa a súa quinta edición, a exitosa novela de Pedro Feijóo continúa a dar noticias, desta volta da man de compañeiros do autor no grupo Lamatumbá que poñen música a escenas do libro.
Polo de agora, son tres pezas musicais que se poden escoitar como fondo á narración da escena na voz do autor, Pedro Feijóo, un escritor que provén do mundo da música, presente tamén na súa obra. En Viva o Fu Remol! (Xerais), Feijóo achegaba unha crónica arredor do panorama musical galego.
As escenas do libro musicadas pódense escoitar aquí.