Crítica de rock e outras lerias

Se non é punk, non é Nadal

Isidro Rajo proponnos aquí 10 trallazos punks a conta destas datas de Nadal.

10616293_a-punk-rock-christmas-and-12-other-ways_4d8d861a_m
photo_camera 10616293_a-punk-rock-christmas-and-12-other-ways_4d8d861a_m

Luces de cores, bonecos de Santa Claus pendurados nas paredes, chamadas ao consumismo, a lotaría, a obriga de por boa cara a quen non aturas... Espírito navideño?  Fozando entre cintas de cassette vellas, atopei un disco editado en 1980 por The Yobs titulado Christmas Album e claramente cheguei a unha conclusión: Se non é punk, non é nadal. Así que decidín darlle unha volta á miña discoteca particular para elaborar unha listaxe dos imprescindíbeis para rachar coa monotonía das reunións destas datas e por  ese toque punk necesario para escandalizar a cuñados e sogras entre outras seres cos que parece ser obrigatorio xuntarse polo nadal.

1./          The Yobs – Rub a Dum Dum (1980) -

The Yobs non son outros que a mítica banda de punk brtitánica The Boys, que baixo este alcume, que non é outro que o seu nome ao revés, lanzaron os seus traballos máis gamberros, como o Chritmas Album de 1980 no que se inclúe este Rub a Dum Dum

2./ The Damned – There ain’t no Sanity Claus (1980)

The Damned, teñen a honra de ser a quen se lles atribúe a primeira gravación punk. Inspirando o retrouso e o título na famosa escena do contrato  da película Unha noite na Ópera, dos irmáns Marx, The Dammed aproveitan para cargar de xeito irónico contra a icona do consumismo navideño.

3./ The Dickies – Silent Night (1978)

Non só de bananas viven The Dickies, se non que tamén se atreveron en 1978 a versionar a clásica panxoliña Silent Night (Noite de Paz), iso si, ao máis puro estilo Dickie. Na cara B do single, incluían unha versión de The Sound Of Silence, de Simon and Garfunkel.

4./ Rise Against – Making Chrismas (2008)

No ano 2008, Disney editou o álbum Nightmare Revisted, no que varios artistas gravaron cancións inspiradas na película de Tim Burton, Pesadelo Antes do Nadal. Para este disco, Rise Against, compuxeron e gravaron este Making Christmas

5./ Bad Religion – White Christmas (2013)

No 2013, Bad Religion, editaron un maxi no que facían varias covers de panxoliñas tradicionais chamado Christmas Songs,  cousa que, tratándose desta banda non deixa de ser algo irónico. Neste traballo atópase esta potente versión de White Christmas.

6./ Blink 182 – I Won’t be Home For Christmas (1998)

Este tema aparecía no EP homónimo que Blink 182 editara en 1998, e no que fan un versión punk pop de este clásico do nadal.

7./ Me First and The Gimme Gimmes – Auld Lang Syne (2004)

Me First and The Gimme Gimmes, é sen dúbida unha das bandas máis gamberras e irreverentes do punk. Adicados a facer unicamente versións en albumes temáticos, editaron este tema no seu disco en directo Ruin Jonny's Bar Mitzvah.

8./ The Ramones – Merry Christmas (I don’t wanna fight tonight) (1989)

Ramones incluíron este tema dentro do seu álbum Brain Drain de 1989 que se converteu cos anos nun clásico imprescindíbel do nadal punk que non cansamos de escoitar.

9./ The Yobs – C-H-R-I-S-T-M-A-S / GLORIA (1980)

Xa que foron os culpábeis de que estea a escribir sobre nadal punk, volvemos con estes dous temas que fusionan The Yobs. O motivo de elixir este e non outros, debese as terribeis amenzas que me fixeron para que o puxera e, obviamente, non me puden negar.

10./ Lemmy Kilmister, Dave Grohl & Billy F. Gibbons - Run Rudolph Run (2008)

Este tema aparecía no albnum recopilarotio We Wish You a Metal Christmas,  e nos deixa a Lemmy  con toda a súa forza nesta potente e divertida versión.

Velaí unha pequena mostra de que sen punk non hai nadal, mais non quixera rematar sen facer unha última recomendación, o alm¡bum do trío máis punk da historia interpretando panxoliñas, non é o outro que Christmas with  The Rat Pack. Actitude punk na vida e voz de crooner no escenario. 

Máis en CULTURA
Comentarios