A Orquestra de Cámara Galega e a soprano eslovaca Ingrida Gapova renderán este sábado homenaxe ao músico galego máis prolífico, tamén un dos de maior calidade artística da última centuria, Rogelio Groba.
No concerto, alén de obras do compositor de Guláns (1930), a OCG interpretará partituras de Mendelssohn e Schubert.
Os billetes póñense á venda ao prezo de 10 euros.
Dáse a circunstancia de que a OCG a dirixe o fillo do propio Rogelio Groba, Rogelio Groba Otero, patrono tamén da fundación que leva o nome do seu pai. Esta Orquestra ten como fin básico programar música culta galega, práctica á que non están nada afeitas nen a Filarmónica nen a Orquestra Sinfónica de Galiza.