O Piornedo celebra o vindeiro sábado a XVII Festa da Pandeira

O encontro inclúe un obradoiro de pandeireta impartido polo músico, tocador e mestre Luís Prego.
Iria Castro (á dereita) participou na presentación da IV Festa da Pandeira.
photo_camera Iria Castro (á dereita) participou na presentación da IV Festa da Pandeira.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo celebrará o vindeiro sábado, 24 de agosto, xunto á Asociación Cultural O Teixeiro, o Encontro de Tocadoras e a XVII Festa da Pandeira en Piornedo. Unha cita que ano a ano reúne decenas de tocadoras e tocadores para facer soar os seus instrumentos.

A deputada de Cultura, Iria Castro destacou que a reunión "recupera e difunde os sons tradicionais galegos, divulgando a cultura. Desde a Vicepresidencia provincial consideramos necesario colaborar co tecido asociativo para a posta en marcha de actividades que dinamicen as cidades e vilas lucenses, xa que estas iniciativas crean interese pola cultura a música tradicional".

A xornada comezará ás 10.30 horas co obradoiro de bailes tradicionais da serra e, ao remate, levarase a cabo un taller de iniciación aos toques da pandeireta. A partir das 13 horas decorrerá a acollida e o xantar homenaxe. E ás 16.30 horas, haberá tocadoras de pandeireta, música e baile da zona e actuacións de distintas agrupacións e escolas.

O programa complétase na sexta feira, día 23, cun obradoiro de pandeireta de balde impartido polo músico, tocador e mestre Luís Prego.

Máis en CULTURA
Comentarios