A prensa especializada española elixe o disco de TAB como o mellor do ano

A Asociación de Xornalistas Musicais vén de outorgarlle á banda do Barbanza o II Premio Ruido ao mellor álbum estatal publicado en 2016. 

tab
photo_camera Triángulo de Amor Bizarro no concerto posterior á festa do Premio na Sala Sol de Madrid

'Salve discordia', o cuarto disco de Triángulo de Amor Bizarro, é -a xuízo da prensa musical española- o mellor disco estatal que se publicou o ano pasado, polo que recibiron a pasada noite o II Premio Ruido da Asociación de Xornalistas Musicais. 

Entre os álbumes finalistas tamén atopamos a banda compostelá Novedades Carminha (con 'Campeones del mundo') e o vigués Iván Ferreiro (con 'Casa'), ademais doutras propostas como Love of Lesbian, León Benavente, Manel ou Silvia Pérez Cruz. 

O cuarteto de Abanqueiro (Boiro) non para de recibir recoñecementos con este álbum, que xa foi elixido pola revista Mondosonoro como o mellor do ano, ademais de obter o sétimo posto na listaxe de Rockdelux que liderou Malandrómeda. A banda está moi consolidada no mercado estatal e conta cunha destacada presenza en países latinoamericanos como México. 

Máis en CULTURA