A primeira greve de mulleres, por Xoán Costa

fábrica de tabacos

O 7 de decembro de 1857 ten lugar a primeira folga de mulleres en Galiza. Foi na fábrica de tabacos da Coruña. Segundo o periódico El País (Pontevedra 13-12-1857) estivo provocada “pola oposición das cigarreiras á introdución de máquinas novas e ás mudanzas na forma de facer cigarros, de modo que tardaban máis tempo para os realizar e polo tanto cobraban menos”

Os xornais da época falan de 4.000 mulleres arremeteron contra o xefe e empregados, algunhas subindo ao tellado e tirando as tellas ao chan, outras destruíndo o tabaco picado e botándoo ao mar. Romperon e fixeron cachos as máquinas novas para picar tabaco que se di que custaron 14.000 duros. O seu escaso salario levara aos primeiros conflitos en 1831 e 1854. A crecente substitución do tabaco en pó e os puros de alta calidade pola picadura, os cigarros e os puros de menor calidade levarán á introdución de máquinas, en detrimento do traballo manual das cigarreiras. Seguindo a corrente ludita que iniciaran artesáns ingleses a principios do século XIX, a cigarreiras neste 7 de decembro defenderán os seus postos de traballo botando toda a produción ao mar e destruíndo as novas máquinas de picar tabaco. Moitas foron detidas e levadas á prisión do Parrote

Este texto foi publicado no semanario nº275 de Sermos Galiza.

Máis en CULTURA
Comentarios