'MENOS MAL FESTIVAL'

O rock´n´roll portugués arma a festa (no senso máis amplo do termo) esta fin de semana en Compostela

Fast Eddie Nelson (One Man Band: Rock, Mississipi Blues, Folk) desde Barreiro e após tocar por toda Europa, e Los Saguaros (Garage, surf, rock) desde Coimbra e a Marinha Grande, encherán a capital de GZ da suorosa paixón musical.

LosSaguaros
photo_camera Los Saguaros

Este sábado, 14 de marzo, Compostela acolle o ‘Menos Mal Festival’, a festa (no sentido máis amplo, abrasivo e potente do concepto) do rock and roll portugués en Galiza. Tan lonxe, tan perto. O veciño do lado do que descoñecemos case que todo mentres apampamos perante calquera parvada de factura anglosaxona e/ou española. Para acordar do apampamento, un conxuro traído polos homes e mulleres do ce cedillado e composto de catro ingredientes potentes: Fast Eddie Nelson, Los Saguaros, e os Djs Nuno do Roque e Vinnie Jones. Os dous primeiros actuarán no Cachán Clube a partires das 21:30 horas. Os Djs armarán a festa post-concerto no Embora, xa a partires das 00:00 horas.

Oriundo da cidade do Barreiro, Fast Eddie Nelson, alter ego de Nelson Oliveira, comezou escrreber, gravar e editar música no inicio dos anos 90. Integrou proxectos como Gasoline, The Sullens, Los Santeros, Big River Johnson e Fast Eddie & the Riverside Monkeys, e ten editado os últimos traballos en solitario. Que imos atopar? Pois como informan desde Lixo Urbano, un percorrido musical a navegar libremente entre o blues, o rock, o bluegrass, o  algún psicadelismo. Un cruce de rock, o Mississipi Blues e Folk que ten levado en concertos por toda Europa

Desert rock´n´roll

Mais Fast Eddie Nelson non vén só. Aí van estar Los Saguaros, un dúo composto por Diogo Augusto (Hell Hound, Sonic Reverends, The Jack Shits) e Samuel Silva (Sonic Reverends, The Jack Shits) que irrumpiu en2013 entre a Marinha Grande e Coimbra. Xa informan os de Lixo Urbano que o seu desert, garage e surf rock, todo combinado e que poderia ser a banda sonora dun filme western pasado no deserto do Arizona. Os Los Saguaros raramente usan a voz e dependen case sempre só dunha bateria e unha guitarra.


 

Máis en CULTURA
Comentarios