Stay Hungry é algo máis que un disco, é unha colección de himnos atemporais que seguen a soar a día de hoxe polo mundo adiante. Só con dicir que dos 9 temas que compuñan o disco foro extraídos 5 singles, dá unha idea da súa calidade. “We're not gonna take it", foi o primeiro deles e a día de hoxe bandas de todo o mundo seguen a facer versións da mesma. “I wanna rock”, ademais de ser o segundo single, converteuse no “berro de guerra” e símbolo de rebeldía para moitos de nós. “The Price”, a power ballad do disco, foi o terceiro single e amosou a face sensíbel da banda. Mais o cuarto single, “Burn in Hell”, volvía a ritmo frenético do metal e foi incluída no filme A gran aventura de Pee Wee de Tim Burton, que ademáis da música tamén levou á banda ao celuloide. Finalmente “S.M.F.”, o tema que fecha o disco foi elixido como quinto single aínda que o tema que abre o disco “Stay Hungry” é bastante mellor.
Pasaron 30 anos, e Stay Hungry é un dos discos que sigo a levar no meu coche.
Co gallo do 20 aniversario, a banda regravou de novo todos os temas e engadiu 7 inéditos e publicounos baixo o título de “Still Hungry”. A idea non era mala, pero certamente cando algo é bon, mellor non refacelo se non é para melloralo e este non foi o caso. Caso distinto foi a edición do 25 aniversario que era unha caixa de luxo con material inédito das gravacións, versións alternativas e moito material e un DVD do concerto de 1984 en San Bernardido. Un complemento ideal á edición orixinal.
Pasaron 30 anos, e Stay Hungry é un dos discos que sigo a levar no meu coche. E o feito de que a xente que o escoita, sexan roqueiros ou non, lle guste é un claro indicador que que é un momento para volver a escoitar de novo este disco e se tes a oportunidade, de ver a banda en directo. Só unha cousa máis... I Wanna Rock!
Vídeo: We're not gonna take it
Listaxe de Temas
1. "Stay Hungry"
2. "We're Not Gonna Take It"
3. "Burn in Hell"
4. "Horror-Teria: The Beginning"
1. "Captain Howdy"
2. "Street Justice"
5. "I Wanna Rock"
6. "The Price"
7. "Don't Let Me Down"
8. "The Beast"
9. "S.M.F."
Twisted Sister na rede
Web: http://www.twistedsister.com
Facebook: https://www.facebook.com/pages/Twisted-Sister
Twitter: @TwistedSisterNY