'O xiro', da poeta Noelia Gómez, premio López Abente

Será a primeira obra édita da poeta Noelia Gómez (Rianxo, 1995). O xiro é o título do libro co que vén de se facer coa quinta edición do premio Gonzalo López Abente.
 

muxía
photo_camera Imaxe de Muxía. Foto: cedida.

O xurado, formado polas poetas Eli Ríos, Emma Pedreira e Xesús Sambade Soneira, salientou a “coherencia textual” da obra, percibiu as referencias a unha xenealoxía feminina e feminista da poesía -con nomes como Xohana Torres ou Eva Veiga- e considerou a vontade “para construír un medio que permita comprender o paso e as súas perdas”.

“Versos espidos de calquera requinto estético”, “ausencia de barullo”, “espazos medidos á perfección” son algunhas das ferramentas poéticas de Gómez, segundo expón o xuri na acta do galardón outorgado pola Fundación Gonzalo López Abente de Muxía.

Xornalista de profesión, mostras do seu traballo poético apareceron recollidas en No seu despregar. Antoloxía poética (Apiario, 2016) ou en 7 relatos curtos contra a violencia de xénero (Universidade de Santiago, 2016).

Comentarios