O CD Lugo leva para a casa unha derrota non merecida ante o Castilla

O Real Madrid Castilla logra a súa primeira vitoria da temporada ante os lugueses que mereceron, por xogo e oportunidades, algún punto.

Lugo
photo_camera Lugo

O Real Madrid Castilla levaba sete partidos seguidos sen gañar e só conseguira 2 goles a favor. Mais esta domingo, e ante o CD Lugo, logrou a vitoria e metendo dous tantos. Un ao pouco de comezar o partido (no munito 8) e outro no 35', nun penalti máis que dubidoso.

O equipo de Quique Setién non perdeu os papais e tivo a valentía de querer levar a iniciativa, sen desencaixarse e procurando remontar. Mais as oportunidades non callaron en gol e o partido acabou sen que o CD Lugo marcase no estadio que visitaba. Algo que non acontecera até o de agora no que foi de temporada.

Comentarios