Jessica Bouzas, primeira tenista galega na terceira rolda de Wimbledon

A vilagarciá derrotou Cristina Bucșa por 7-6 (1) e 6-3.

Jessica Bouzas. (Foto: RFET)
photo_camera Jessica Bouzas. (Foto: RFET)

Jessica Bouzas volveu facer historia. Logo de que a pasada terza feira, 2 de xullo, a tenista de Vilagarcía de Arousa (O Salnés) derrotara na primeira rolda de Wimbledon a número 6 do mundo e vixente campioa, Markéta Vondroušová, Bouzas segue sumando vitorias no torneo que decorre en Londres.

É que a galega vén de converterse na primeira tenista galega que accede á terceira rolda de Wimbledon. Fíxoo ao superar a moldava e representante do Estado español desde 2012 Cristina Bucșa cun resultado de 7-6 (1) e 6-3, nunha hora e 50 minutos.

Con esta vitoria, Jessica Bouzas ascende no ránking da WTA, desde o posto 83 que ocupaba na terza feira até o 79, conseguindo a mellor clasificación da súa carreira.

Comentarios