O Lugo cae na casa ante o Alcorcón (1-2)

O Alcorcón meteu o gol da vitoria en tempo de desconto tras empatar o equipo lucense.

Lugo

Caeu o Lugo na casa e ante o Alcorcón por un gol a dous, nun partido no que os lucenses controlaron o xogo boa parte do partido mais foron os do Alcorcón os que souberon materializar.

Adiantáronse os madrileños cun tanto de saque de esquina na que o gardaredes lucense non tivo a súa mellor fortuna. Mais CD Lugo nin baixou os brazos nin se rendeu o desacougo grazas en boa medida á entrada de Sandaza. Este dianteiro foi o autor do gol de empate, materializado tras un pase de Iván Pérez.

O partido camiñaba cara a súa fin e a expulsión dun xogador deixaba o Alcorcón con dez. Mais cando todo pintaba acaído para que os lucenses tentasen ter a vitoria, o equipo madrileño, xa no tempo de desconto, meteu o segundo gol.

Comentarios