O Lugo continúa a explorar os seus límites

9 vitorias. 6 empates. 8 derrotas. O Lugo gañou este sábado no Anxo Carro ao Las Palmas e xa está a só 3 pontos da zona da promoción.

O Lugo de Setién medra a ollos vistos. Sen sombra de timidez, é unha equipa hoxe por hoxe perfeitamente competitiva, na Segunda División estatal. Tanto que onte derrotou con clareza ao Las Palmas, un dos combos de maior calidade da categoría, sendo mesmo capaz de virar o 0-1 co que se comezou a mover o taboleiro de marcas (m. 17, Thievy).

Os de Setién combinan vigor defensivo con virtuosismo na liña de criación. Ten un chisco de todo e en boas doses. A torcida responde entusiasmada: catro milleiros de seareiros déronse cita onte nas bancadas e viron como De Coz (1-1, m. 31), Óscar Díez (2-1, m. 36) e Víctor Díaz (3-1, m. 90) selaron a vitoria da súa equipa.

O Lugo xa está a só 3 pontos da zona da promoción. Soñar estar permitido á beira do Miño.

Comentarios