Os sindicatos afrontan un 2014 crucial coa negociación do 30% dos convenios colectivos de Galiza

O 2013 foi en Galiza o ano de menor aumento salarial e das xornadas laborais con máis horas desde hai dúas décadas. Unha situación que os sindicatos queren reverter neste 2014, no que se renovarán un bo feixe dos convenios colectivos.

Cadena-de-montaxe

O 2013 despediuse de Galiza deixando un panorama laboral desolador. O paro en cotas de récord, os salarios en niveis de mínimos e as xornadas laborais máis longas das últimas décadas. Un escenario que os sindicatos non están dispostos a que se repita en 2014, ano que ten que ser chave para reverter a situación. E neste obxectivo, a negociación colectiva vai ser unha ferramenta fundamental. Nestes doce meses renovaranse por volta do 30 por cento dos convenios colectivos.

"O 87% dos convenios asinados en 2013 contiñan un incremento (salarial) inferior ao IPC", recoñécese nun documento interno dun sindicato. As propias centrais asumen que van ter que facer fronte a un "cadro preocupante". Mais, tamén, que non pode pedirse sacrificios a traballadores e operarios por unha crise que non pasa facturas a tod@s.

Toda a información neste semanario de Sermos Galiza, nº80

Comentarios