Afectad@s polas preferentes seguen a exixir responsabilidades polo calote

Varios centos de afecta@s manifestáronse en Compostela para demandaren a devolución dos seus cartos e pedir responsabilidades aos gobernos do PP e entidades financeiras
preferentes

@s afectad@s polas preferentes volveron, unha vez máis, reclamar na rúa unha solución para a súa situación, Desta vez foi esta quinta feira en Santiago e á cita acudiron afectad@s de comarcas como Compostela, Barbanza ou Ferrol, entre outras. A demanda seguía a ser a mesma: a devolución íntegra dos cartos. Os responsábeis sinalados pol@s manifestant@s: gobernos de Madrid e Xunta, para alén de bancos.

A manifestación saiu da Alameda compostelá para percorrer as rúas da zona vella da capital da Galiza. Máis unha vez, as palabras de orde exixiron aos responsábeis do calote, que afecta a perto de 100.000 persoas no país, que dean unha solución.

Denuncia

Cómpre lembrar que a arbitraxe, saída preferida por Xunta e Novagalicia banco (NGB), foi posta en cuestión por diferentes sectores, e non só palas afectadas. 

Así, a CIG-administración denuncia que persoal posto a dedo para tramitar a arbitraxe, "entre eles altos cargos da Xunta", están a obter uns bos pecunios pola tarefa, entrementres se destinan bolseir@s sen formación a traballar para Consumo facendo tarefas administrativas nas preferentes, algo que non lle corresponde.

Comentarios