Os armadores do cerco piden unha xestión conxunta de todas as cotas do sector e un paro de 2 meses

Acerga leva o seu malestar co actual reparto, que din que discrimina á maioría dos cerqueiros galegos (115 buques) fronte 30, á xuntanza coa Xunta.

cerco flota peixe barco

Unha delegación da Asociación de Armadores do Cerco de Galiza (Acerga) mantivo esta segunda feira unha xuntanza de máis de tres horas coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o secretario xeral de Pesca do Ministerio, Andrés Hermida. Os representantes do colectivo -que representa a 115 barcos- demandaron unha xestión conxunta das cotas de todos os cerqueiros galegos, un reparto liñal (por número de tripulantes) e non en base a un histórico de capturas que discrimina galzia fronte outros territorios; e un paro de dous meses.

Acerga quéixase de que a actual distribución de capturas prexudica, din, a 115 barcos e favorece a 30. O portavoz desta asociación, Andrés García, afirmou que Acerga vai establecer un tope de capturas de 6.000 quilogramos por día para os cerqueiros que fan parte dela.

Desde a Consellaría anunciaron que de inmediato procederán a convocar a Comisión do Cerco do Consello Galego de Pesca para analizar esta situación.

Comentarios