A Audiencia Nacional admite a trámite o recurso do cerco galego contra o reparto das cotas

Foi presentado pola Asociación de armadores do cerco de Galiza coa intención de evitar unha nova ‘aldeaxe’ nos repartos en 2015.

cerco

A Audiencia Nacional española admitiu a trámite o recurso presentado pola Asociación de armadores do cerco de Galiza (Acerga) contra o reparto dos topes de xarda e xurelo aprobados polo goberno español para 2014 e que xeraron a comezos de ano contundentes protestos e mobilizacións do sector galego.

Os armadores galegos presentaron o recurso a principios de maio e cunha intencionalidade clara: facer forza para evitar que en 2015 se manteñan as cotas para cerco fixadas para este 2014. “É un reparto inxusto e discriminatorio para coa flota galega”, indican desde Acerga que agrupa a 114 dos 153 barcos galegos que traballan nesta modalidade.

Desigualdade

O sector galego foi desde o principio moi crítico co reparto fixado en Madrid para xarda e xurelo. Consideraban, e consideran, que o mesmo prexudica e damnifica a Galiza pois prima criterios históricos e non de barcos e tripulantes, o que se traduce a que o noso país ten, malia posuir moitos máis buques e mariñeiros, cotas irriosorias.

Os armadores están certos de que en 2015 non pode volver a se producir esta situación. Por iso presentaron o recurso perante a Audiencia Nacional, pouco convencidos de que Ministerio e Consellería cumpran cos seus compromisos de cara o vindeiro exercicio.

Comentarios