O BNG pide a demisión da conselleira do Mar por dar as costas á frota galega

Daniel Rodas acusou a Rosa Quintana de asumir un Plan da sardiña imposto polo Goberno central que vai ser a ‘’ruína’’ do sector. ‘’Ela segue de festa en festa, ignorando os problemas” afirma o deputado nacionalista.

o sector do mar rexistrou en 2014 20 sinistros mortais

O Plan da sardiña deseñado polo goberno español vai conducir o sector galego á “ruína” segundo considera o BNG. Unha situación na que ten a súa responsabilidade, afirma o deputado nacionalista Daniel Rodas, a Xunta de Galiza e a conselleira do Mar.”O novo Plan da sardiña non recolle os criterios reclamados polo sector” alén de ser foito dunha “pésima xestión” coa administración portuguesa.

O borrador trasladado polo goberno central foi rexeitado polo sector que ante o que podía acontecer  reclamou   un encontro co Goberno galego para consesuar un plan de recuperación da sardiña. Dito plan recollía os mesmos criterios do plan do ano 2000:  Reducir os días pesca, reducir os topes a 2.000 quilos por embarcación, medidas de protección de alevins capturando 500 quilos de xouba e unha veda ata cinco meses con 90 días de parada biolóxica dos que 30 serán subvencionados e 60 opcionais. Mais, denuncia Daniel Rodas, o Goberno galego, unha vez máis, fixo “caso omiso” das demandas do sector.

Daniel Rodas lembrou que o  acordo entre o sector e a Xunta tiña como obxectivo ser o  referente do Estado ante Portugal  pero non  foi posible ao asinar o Goberno central e o  portugués un plan alleo ás reclamacións da flota galega.

"De festa en festa"

Para o deputado, o acontecido merece unha resposta urxente do Goberno galego polo que pediu a retirada da orde, unha xuntanza co sector afectado e a demisión de Rosa Quintana. O BNG cre de vergoña que o propio Feijóo e Rosa Quintana seguen de “festa en festa e de  caldeira en caldeirada” ignorando  os graves problemas da flota.

Comentarios