BNG e sector cerqueiro denuncian unhas cotas que ameazan o sector

Mantiveron unha xuntanza para analizar os topes para xarda, sardiña e xurelo e o seu impacto económico e laboral na frota galega.

BNG-cerco
photo_camera Foto: Ana Miranda

 

Representantes do BNG e da Asociación do Cerco de Galiza (Acerga) reuníronse esta cuarta feira para analizar a situación derivada da redución de cotas en dteerminadas especies como a xatda, a sardiña e o xurelo e o seu impacto sobre o sector do mar galego.

O portavoz nacionalista de Pesca no Parlamento galego, Daniel Rodas, amosou o compromiso do BNG en trasladar ás institucións as demandas e peticións de Acerga a raíz dun modelo de cotas que “condena o sector á desaparición”. O deputado lembrou que a flota galega conta cunha regulación de capturas dende hai 30 anos e foi a propia conselleira do Mar, Rosa Quintana,  a que trasladou a Madrid “a liberalización das capturas” o que, na súa opinión, representa “un suicidio para o sector”.

O portavoz do cerco, Andrés García afirmou que “non se pode repartir o que non se ten” en relación ás 19.000 toneladas de sardiña para Portugal e Estado español, unha caída do 26% do xurelo no Cantábrico e Noroeste, e unha redución da xarda nun 15%. Ana Miranda, portavoz do BNG en Europa, recalcou que o actual modelo produtivo “discrimina a Galiza”, a pesar do cumprimento e plan de xestión da flota galega.

Comentarios