35 ALCALDES PIDEN A FEIJóO QUE DEA "SOLUCIóNS" AO SECTOR

O cerco volve de Madrid coas mans baleiras

“Non sei para que nos chamaron da Secretaría xeral de Pesca”, afirma Andrés Blanco, voceiro de Acerga, “porque non nos propuxeron nada”. Levántanse os peches en concellos mais mantense o campamento.

2016 01 14 XuntanzaSectorCercoMadridCIG

A xuntanza en Madrid convocada pola Secretaría xeral de Pesca do Ministerio para analizar a problemática do cerco finalizou sen acordo. “Non houbo nada”, manifestou Andrés García, voceiro de Acerga, en declaracións á cadea Ser. García dixo que fora unha xuntanza “totalmente improdutiva” no que os representantes do Ministerio “non propuxeron nada”. Sobre a mesa ficou a proposta da Consellería de Mar (un tope mínimo de quilos por barco para ilo aumentando segundo GTs das embarcacións) para que as outras autonomías a estuden.

Desde a CIG, que formou parte da delegación galega, afirman que na xuntanza o secretario xeral de Pesca “falou claro e dixo que non vai haber modificacións do sistema de reparto das cotas”. Para o sindicato nacionalista, “o goberno de Feijóo é o que ten que mover ficha para abrir portas de futuro para o sector. O problema é que o goberno da Xunta non exerce nin defende a xente do mar”.

Esta quinta feira remataron os fechamentos en concellos galegos en apoio e demanda dun reparto xusto. Mais mantense o campamento cerqueiro perante San Caetano, que vai camiño dos 100 días. Esta xeta feira realizarase unha asemblea na que se exporá o sucedido na xuntanza e debastiranse diversas cuestións, como a volta ao mar das embarcacións do cerco.

35 alcaldes solicitan a Feijóo que se reúna co cerco

Un total de 35 alcaldes de todos os partidos asinan un escrito no que reclaman ao presidente da Xunta,Núñez Feijóo, unha "solución" para o cerco, com obxectivo de acadar "un acordo que beneficie á maioría da frota galega". Entre os asinantes hai tamén rexedores do PP.

Comentarios