O cerco volve ás rúas perante a “discriminación” a Galiza no reparto do bocareu

“Nin Estado nin Xunta nos dan solución”, advirten armadores e mariñeiros, que nesta sexta feira se manifestarán en Portosín. A escasa cota en anchoa vén se sumar ás mínimas en xurelo e xarda.

cerco
photo_camera cerco

O peirao de Portosín será o escenario que acollerá esta sexta feira a partir das 11:00 horas a mobilización do sector do cerco de Galiza -máis de 125 barcos e un milleiros de mariñeiros- que volven ás rúas un ano depois das contundentes mobilizacións que protagonizaron na primavera de 2014. O motivo desta manifestación é o “reparto inxusto e prexucial” para a frota galega na pesca do bocarte na zona 'CiemIXa' (de Fisterra até Golfo de Cádiz), segundo a asociación Acerga, que representa os armadores do sector.

Lamentan que tanto desde Xunta como desde o estado español “non se dean solucións” a unha asignación que reserva á frota galega apenas un raquítico 1,14% do total de pesca de bocarte. “É un insulto”, define o sector galego. A maior parte da porcentaxe vai para Andalucía nun reparto que os cerqueiros cualifican de “sens entido” posto que a pesqueiría do bocarte é na actualidade “abundante”. “E falamos dunha especie moi importente, pois é a viabilidade económica dos barcos do cerco”.

Esta discriminación (“e que son 6.000 kilos para 130 barcos!”) ven engadirse, lembra o sector, ao “grave problema” do xurelo e a xarda, recursos dos cales a frora galega tamén ten asignada unha “escasa cota”.

A mobilización desta sexta feira supón a continuación da mobilización de días pasados no peirao do Berbés (Vigo).

Comentarios