A débeda pública de Galiza supera os 10.000 millóns de euros e é xa o 18,2% do PIB

Aumentou nun 9,82% no primeiro trimestre e atinxe xa os 10.028 millóns de euros, 5.186 millóns máis desde a chegada de Feijóo á Xunta.

A débeda pública galega aumentou un 9,8% no primeiro trimestre deste ano atinxe xa os 10.028 millóns de euros, o que supón o 18,2% do PIB de Galiza, segundo os dados que vén de publicar o Banco de España.

No que respecta á taxa interanual, a débeda pública subiu un 5.02 por cento en Galiza. A finais de 2009, cando Feijóo chegou á presidencia da Xunta a débeda non sobrepasaba os 4.900 millóns de euros. Cinco anos despois, e co PP no goberno galego, esa débeda sobrepasa os 10.000 millóns de euros.

No que atinxe á porcentaxe do PIB, eses 10.028 millóns de débeda que actualmente ten Galiza supón o 18,2 por cento, o que supón que aumentou nun 1,7 puntos porcentuais desde o anterior trimestre.

Comentarios