Ducias de empresas galegas domicílianse en Madrid para pagar menos impostos

A menor presión fiscal e as facilidades fan que compañías, mais tamén grandes fortunas, 'emigren' á capital do Estado procurando pagar menos.

Peche empresas Galiza

Empresas e fortunas galegas tamén 'emigran', mais non para captar traballo e ingresos, senón para tributar menos. En menos de catro anos, por volta de 170 empresas galegas optaron por cambiar o seu domicilio fiscal desde o noso país para a capital do Estado español. O motivo,ben simple: pagan menos. Os dados proceden dun informe da propia comunidade madrileña,documento que se elaborou con base a información dispoñíbel no Rexistro Mercantil.

Foron unhas 170 compañías galegas que optaron por variar o domicilio fiscal a Madrid para se beneficiar das vantaxes que iso lle supón a nivel de fiscalidade. A propia Xunta tería hai uns meses,segundo sinalabao xornal coruñés  La Opinión, impulsado un plan de inspección para detectar se empresas, e mesmo grandes fortunas, estarían a facer cambios de domicilio 'fraudulentos'.

Enténdese que un cambio de domicilio entra nesa categoría se a sociedade non ten a sede efectiva da direccións dos negocios na nova sede. En caso de persoa, se non reside un mínimo de 183 días /ano na nova opción.

Moitas

Outra cuestión diferente, mais tamén con efectos na tributación, é a sede social das empresas que operan en Galiza. Dados de 2012 do Instituto Galego de Estatística sinalan que das 74.000 empresas (sociedades anónimas, sociedades de responsabilidade limitada e cooperativas) que operan no noso país, máis de 4.000 teñen a súa sede fóra de Galiza.

Comentarios