Endesa repartirá os maiores dividendos da historia do Estado en plena pobreza enerxética

A empresa eléctrica conta con 14.605 millóns de euros para os seus accionistas (a marca máis alta rexistrada no Estado) xusto cando crece a preocupación pola imposibilidade de moitas persoas de poder usar calefacción polo seu alto prezo.

luz
photo_camera Bombilla

Endesa repartirá esta terza-feira, 29 de outubro, "o maior dividendo xamais repartido na historia de España", tal e como sinalou na Xunta Xeral de Accionistas o presidente da compañía, Borja Prado, respecto ao abono dun total de 14.605 millóns de euros.

Deste importe total, 8.252 millóns de euros procederán da venta dos activos latinoamericanos da eléctrica a Enel, a súa principal accionista cunha participación do 92% do seu capital. Ademais, ese mesmo día farase efectivo un segundo dividendo para os accionistas por valor de 6.352 millóns, equivalente a 6 euros brutos por acción.

Este reparto de cartos dáse xusto cando crecen as protestas contra as eléctricas e, coa chegada do inverno, volve falarse da exclusión social que hai detrás do que se coñece como “pobreza enerxética”, que afecta a persoas que non poden pagar a luz ou dispoñer de calefacción nos seus fogares debido aos altos prezos.

Comentarios