O Estado recadou en multas de tráfico en Galiza máis de 13 millóns de euros en seis meses

Do 1 de xaneiro ao 14 de xullo, as forzas de seguridade impuxeron sancións por un valor de 13,3 millóns de euros, converténdose estas nunha importante, e en moitos casos polémica malia a necesidade dunha seguridade vial, fonte de ingresos.

photo_camera Estradas galegas

O Estado español recadou en multas de tráfico, entre o 1 de xaneiro e o 14 de xullo de 2014, un total de 182.595.550,86 euros, dos que máis de 13,3 millóns corresponden a Galiza.

 Así o fixo saber o Goberno, en resposta no Congreso a unha pregunta formulada polo Grupo Socialista, á que tivo acceso Europa Press. Nesta cifra non están incluídos os datos de Cataluña e País Vasco, as dúas únicas autonomías con competencias en materia de tráfico.

A provincia que máis recadación rexistrou é Madrid, que supera os 20 millóns de euros, por diante de Sevilla, con máis de 10 millóns, Valencia, con máis de 9.800.000 e Málaga, que pasa dos 8 millóns. En Galiza recadouse un total de 13.321.000 euros

Comentarios