AS EXIXENCIAS DE BRUXELAS PODERíAN ARRUINAR AS EXPECTATIVAS ELEITORAIS DE RAJOY

O Eurogrupo pedirá máis recortes ao Estado español para 2015, o que asusta o PP

O goberno de Rajoy non cumpre co obxectivo de déficit e pode ser obrigado por Bruxelas a novas decisións que limiten aínda máis o gasto social, que o partido no poder teme que poidan reducir aínda máis as súas opcións nos comicios do ano que vén.

photo_camera UE en Bruxelas.

Os ministros de Economía e Finanzas da zona do euro, o Eurogrupo, afirmou este domingo que "serían necesarias medidas eficaces” para o Estado español “alcanzar o seu obxectivo de déficit público en 2015”, após comprobar que co actual orzamento consideran que “corre o risco de incumprir a meta do 4,2% do PIB”. Deste xeito, instan o Goberno de Rajoy a aplicar máis recortes para o próximo ano, que será electoral.

Os 18 indicaron que Bruxelas espera que o desvío español se sitúe o próximo ano catro décimas por enriba do pactado, nun 4,6%, polo que "medidas eficaces serían necesarias". A cuestión chave é a definición de "eficaces", unha discusión que nestes momentos mantén a Comisión co Goberno español, ao teren diferentes pontos de vista sobre iso, segundo explicou o comisario europeo de Asuntos Económicos e Financeiros, Pierre Moscovici. O horizonte electoral asusta o Goberno de Rajoy, que teme que unha nova vaga de recortes impida a xa moi complicada reválida da súa vitoria nas xerais, que terán que se realizar arredor de novembro, apenas medio ano despois das municipais. 

Baixada até 2,8

Se a Comisión considerase que as medidas que prevé tomar o Estado español non son o suficientemente eficaces para reducir o déficit ao ritmo requirido -para situalo nun 4,2% este ano e nun 2,8% o próximo-, podería pedir ao país recortes adicionais, como parece que ocorrerá.

Comentarios