As firmas do IBEX aumentan nun 22% os fondos para retribuír aos seus altos directivos

Bankia, Banco Popular ou Jazztel entre as empresas que incrementaron os fondos para pagar consellos de administración e persoal de alta dirección.

Ibex 35

No primeiro semestre de 2014 as grandes cotizadas do IBEX destinaron a retribuir os seus directivos un 22% máis que no mesmo período do ano pasado. Case 176 millóns de euros foron os que estas grandes empresas destinaron a pagar ás súas altas direccións, segundo El Economista. E aínda fallan por computar as contas de ACS e Inditex.

O aumento do número de integrantes nas altas direccións, o aumento das retribucións variábeis (non así das fixas, que caen), os plans de accións e o cambio de criterio de contabilización dos salarios (de criterio de caixa pásase a criterio de devengo) explicarían este incremento, segundo El Economista.

E esta tendencia de aumentar os fondos para retribucións tamén se aplica os consellos de administracións destas empresas. De enero a xuño de 2014 os consellos das multinacionais perceberon un 6,4% máis que neses mesmos seis meses do exercicio anterior. Se ben baixou a retribución fixa que recibían (minguou nun 3,3%) a variábel disparouse nun 14,4%.

Comentarios