O FMI pide que en Europa se recorte o salario mínimo e na prestación de desemprego

O Fondo Monetario Internacional avoga por unha ‘’ampla reforma’’ do mercado laboral para reducir o paro. Propón tesoiradas en salarios e prestacións.

FMI
photo_camera FMI

O Fondo Monetario Internacional (FMI) ten un plan para acabar co desdemprego. Un plan que pasa por recortar o salario mínimo e por baixar a prestación de desemprego, ademais de minguar a presión fiscal ao emprego. Estas son só algunhas das achegas que desde o FMI fan á Eurozona, afirmando que as mesmas van valer para combater o desmprego, principalmente o xuvenil.

O FMI asume o dogma neo-liberal de que con peores salarios e con tesoiradas sobre as prestacións dos desempregados faise máis doado ‘mover’ o mercado laboral e que esas medidas van favorecer o medre do emprego e da economía.

Propón, tamén, políticas activas en eidos como o turismo ou a hostalaría, por seren estes onde radican aquelas empresas que empregan preferentemente a mozos.

A realidade

Un informe elaborado polo Gabinete Confederal de Economía da CIG alerta da gravidade da situación: dos 166.800 empregos destruídos nos primeiros catro anos da crise, 149.100 estaban ocupados por menores de 35 anos; destes, máis de 77.164 optaron por emigrar, neste período, en busca dunha alternativa laboral que non atoparon en Galiza e o paro medrou case un 123% desde o estoupido da crise entre os menores de 25 anos. 

Malia ser a xeración máis formada da historia de Galiza, desde a CIG denuncian que os e as mozas galegas “non atopan traballo, polo que se ven na obriga de emigrar”. Tal é así que en 2012, 25.472 mozos e mozas de entre 20 e 34 anos abandonaron Galiza, 2.122 ao mes, perto de 70 cada día.

Comentarios