As grandes empresas recortaron os salarios nun 10% nestes 2 anos grazas á reforma laboral

As facilidades para se descolgar dos convenios colectivos e baixar soldos vai da man dunha 'modificación substancial das condicións de traballo' en prexuizo do e da traballadora. Así o recolle o informe da Fundación Sagardoy.

Persoas traballando nunha cadea de montaxe (Foto: Nós Diario).

A baixada de salarios é unha das condicións para saír da crise. Tanto dos soldos dos e das traballadoras do sector público como dos e das asalariadas do privado. Este axioma defendido en máis dunha ocasión polos máis relevantes membros do goberno de Mariano Rajoy está a deixar clara pegada grazas á reforma laboral. O último informe que, polo de agora, constata esta situación é o 'Observatorio de Seguimento da Reforma Laboral', que elaboran Fundación Sagardoy, o Club da Excelencia en Sostibilidade e Adecco.

Un dos efeitos foi que, apenas dous anos despois de se aprobar a reforma laboral, as grandes empresas aproveitaron o tempo e aplicaron tesoiradas de até un 10% nos soldos dos e das súas empregadas. O documento elaborouse a partires das opinións de 200 emoresas significativas de máis de 50 persoas no cadro de persoal.

Outra das consecuencias da reforma laboral que se está a notar é, segundo os responsábeis do informe, a redución de indemnizacións que pagan as empresas ás persoas que despiden. Porén, a indemnización achegada fai referenza só aos despedimentos colectivos (o 24% do total). Neste caso, a indemnización media reduciuse ate os 25 días por ano traballado.


 

Comentarios