Greve indefinida en catro xornais galegos a partir do 2 de setembro

O persoal de El Ideal Gallego, Diario de Arousa, Diario de Ferrol e Diario de Bergantiños está chamado a secundar o protesto para pedir un Plan de Viabilidade que garanta os postos de traballo ao nivel de datas anteriores; o abono dos salarios adebedados e a súa regularización mensual.

15-06-15 Concentracion Idela Gallego.grande

CIG-Industria vén de anunciar a convocatoria dunha greve indefinida na Editorial La Capital -que publica os xornais Diario de Ferrol, El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños- a partir das 00:00 horas do vindeiro día 2 de setembro. Unha medida coa que se reclama un Plan de Viabilidade que garanta os postos de traballo ao nivel de datas anteriores; o abono dos salarios adebedados e a súa regularización mensual.

O sindicato nacionalista denuncia que La Capital S.L. léva retrasando o abono dos salarios, “de maneira reiterada, ao longo de todo o ano 2014 e 2015 e a día de hoxe adebédanse ao persoal as mensualidades de xuño e xullo de 2015 e o 50% da paga de decembro de 2014”.

Persoal

A CIG denuncia que, ademais, a empresa “está a acometer reducións no cadro de persoal que entende que poñen en perigo a continuidade da actividade”. O sindicato destaca que embora ter solicitado ese Plan de Viabilidade e de reunirse coa empresa en varias ocasións para establecer un calendario de pagos sobre os salarios pendentes, a día de hoxe a situación continúa sendo de absoluta incerteza, tanto sobre o futuro dos postos de traballo, como para o cobro das mensualidades pendentes.

Comentarios