A industria galega perdeu 6.000 empregos en 2014, a segunda maior caída en todo o Estado español

O sector industrial galego ten 127.300 persoas ocupadas, a cifra máis baixa desde que hai rexistros. A facturación na industria caeu neses doce meses nuns 260 millóns de euros.

industria

A industria galega perdeu un total de 5.820 empregos en 2014, a segunda maior caída en postos de traballo neste sector de todo o Estado español. Son 127.300 as persoas ocupadas en Galiza, a cifra máis baixa desde que hai rexistros. Son dados publicados polo INE na súa Enquisa industrial de empresas. A cifra de negocios do sector industrial retrocedeu un 0,7% en Galiza no ano pasado, mentres que nese mesmo período aumentaba no Estado español nun 1,7%.

A isto engádese que en Galiza as horas traballadas na industria reducíronse un 3,6% o ano pasado. A industria facturou en 2014 máis de 36.242 millóns de euros en Galiza, o que supón 260 millóns menos que no exercicio anterior.

Comentarios